Luís Lisardo Santos Ares, nado en Sobrado en 1980,La Voz de Galicia, 22-4-2015, p. 6. é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Traballou como distribuidor de produtos agrarios. Antigo militante do BNG, foi o seu candidato á alcalía en 2011 situándose como principal forza da oposición ao PPdeG de Jacobo Fernández García. Nas eleccións municipais de 2015 pasouse con todo o seu equipo ao PSdeG-PSOE e encabezou a súa candidatura, gañando as eleccións con maioría simple e sendo elixido alcalde en minoría.
En marzo de 2017 perdeu a alcaldía en favor da independente María Jesús García Souto por unha moción de censura presentada polos edís de Todos por Sobrado e o PPdeG. Porén, unha nova moción de censura en abril de 2018 levou de novo a alcaldía a mans de Lisardo Santos, tralas desavinzas entre populares e independentes, e que foi apoiada por un novo edil popular que se inscribeu como non adscrito para facilitar a moción.
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía, ao lograr unha ampla maioría absoluta con 7 edís fronte a 2 dos populares, os cales integraron a García Souto como candidata. Dende febreiro de 2022 forma parte da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG, como secretario adxunto a política municipal. Nas municipais de 2023 foi novamente reelixido alcalde por maioría absoluta, logrando 8 edís dos 9 en xogo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sobrado
Categoría:Alcaldes de Sobrado Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Sobrado Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes