Demetrio Vázquez Mosquera, nado en Ferrol en 1896 e finado na Coruña o 16 de agosto de 1971,La Voz de Galicia, 18-8-1971, p. 7. foi un empresario, político e pintor galego.
Traxectoria Caixeiro da Compañía General de Carbones, foi contador do Pósito de Marineros de Corcubión (1925). Na II República foi elixido concelleiro de Corcubión. Foi deputado provincial polo distrito de Negreira-Corcubión.El Orzán, 6-5-1931, p. 1. Cesou como deputado provincial en abril de 1932.El Eco de Santiago, 22-3-1932, p. 1. En xaneiro de 1933 foi nomeado alcalde de Corcubión.El Compostelano, 14-1-1933, p. 2. No franquismo foi director da Compañía General de Carbones (1957).La Noche, 15-3-1957, p. 4. Pintor afeccionado, residente na Coruña dedicouse á pintura e foi presidente da Asociación de Artistas da Coruña de 1957 ata a súa morte en 1971.
Vida persoal Casou en Pontevedra con María del Pilar Cabrinetti Fernández en 1922.Galicia. Diario de Vigo, 25-8-1922, p. 2.
Notas
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Alcaldes de Corcubión Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes