Apolinary Wnukowski, nado o 23 de xullo de 1848 e finado o 21 de maio de 1909, foi un eclesiástico católico latino polaco, bispo de Płock entre 1904 e 1908, e arcebispo metropolitano de Mahilioŭ dende 1908 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu o 23 de xullo de 1848 en Khotyn, entón parte da gobernación de Besarabia do Imperio Ruso (hoxe na rexión de Chernivtsi, Ucraína), fillo de Maciej e Anna (de apelido de solteira Wojnarowska). Estudou en Kamianets-Podilskyi e posteriormente ingresou en 1865 no seminario da mesma cidade. Cando o seminario foi abolido polo goberno ruso, trasladouse a Zhitómir, e posteriormente á Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo. O 15 de xuño de 1872 foi ordenado sacerdote. Á súa volta a Zhitómir foi profesor no seminario, secretario da curia episcopal e, a partir de 1898, reitor do seminario e párroco da catedral.
O 24 de abril de 1904 foi nomeado bispo de Płock. Recibiu a consagración episcopal o 13 de novembro do mesmo ano, de mans do arcebispo metropolitano de Mahilioŭ Jerzy Józef Szembek, e tendo como co-consagradores principais ao bispo de Vilnius Eduard von der Ropp e ao bispo de Cuiavia-Kalisz Stanisław Kazimierz Zdzitowiecki. Como bispo tivo que afrontar o problema dos mariavitas na súa diocese.
O 16 de xuño de 1908 foi nomeado arcebispo metropolitano de Mahilioŭ. Finou no cargo o 21 de maio de 1909.
Notas
Categoría:Nados en 1848 Categoría:Nados na rexión de Chernivtsi Categoría:Finados en 1909 Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Rusia