José María Gallo Gallo, nado na Pontenova cara a 1911 e finado en Lugo o 29 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre na Pontenova. Foi tesoureiro do Sindicato Minero de Viloudriz en 1933 e presidente do Partido Republicano Radical Socialista de Viloudriz. Foi depositario interino do concello de Viloudriz ata novembro de 1933.BOP Lugo, 8-11-1933, p. 3-4. Foi nomeado alcalde de Viloudriz en 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Lugo por rebelión militar. Condenado á pena de morte, foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 29 de abril de 1937 con Manuel Enríquez Fernández, Eduardo Suárez García, Daniel Fernández López, Marcelino Alba Meicín, Antonio García Gómez, Emilio Timiraos Cervo e Faustino Fernández Cartategui.El Compostelano, 30-4-1937, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de concellos galegos desaparecidos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1911 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Alcaldes da provincia de Lugo