José Manuel Silva Losada, coñecido como Sakuska, nado en Cambados cara a 1897, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Emigrante na Arxentina, ao seu regreso foi propietario da empresa de autobuses Plus Ultra, que cubría a liña entre Cambados e Pontevedra. Posteriormente montou o Café Sakuska e máis tarde puxo un coche de servizo público. Secretario da Agrupación Socialista de Cambados, co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Cambados o 15 de marzo.El Pueblo Gallego, 18-3-1936, p. 15.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. O 24 de setembro foi posto a disposición do comandante militar de Pontevedra polo delegado de Orde Pública xunto a Elías Porto Trigo e Antonio Chaves del Río, detidos no cárcere de Cambados. Foi xulgado en Consello de guerra o 10 de decembro de 1936, con Antonio Chaves del Río, Peregrino Pontevedra González, Juan José Varela Oubiña, Manuel Bugallo Martínez e Manuel Martínez Piñeiro.El Pueblo Gallego, 11-12-1936, p. 9. Condenado a cadea perpetua, pasou polo campo de concentración da illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo de Pamplona en maio de 1937, para finalmente cumprir condena na Prisión Central de Figueirido dende xullo de 1940, de onde saíu en liberdade provisional en 1941."Orden de 2 de septiembre de 1941 por la que se concede libertad condicional provisional a ciento ochenta y ocho penados", BOE, 24-9-1941, p. 7374. Despois dedicouse a seguros, representacións e outros negocios.Manolo Silva corrixe á prensa
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Alcaldes de Cambados dende 1909 ata 2008
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Alcaldes de Cambados Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1897 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes