Benito Feijoo Seguín, nado en Sandiás o 17 de xullo de 1894 e finado en Séméac (Francia) en 1968, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Canteiro de profesión. Membro da Sociedad de Oficios Varios de Cervás, da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Ares. Foi detido en 1934 e estivo na cadea de Pontedeume, de onde saíu o 26 setembro, trasladándose a Ferrol onde traballou para o Concello. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 volveu ser detido o 16, e condenado en consello de guerra o 13 de xaneiro de 1935 a 26 anos de reclusión maior. Trasladado á prisión de Pamplona para cumprir condena, o 25 de maio a súa causa foi sobresida e quedou en liberdade. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Ares.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e estivo fuxido durante toda a guerra. Foi procesado por rebelión militar en 1937 e declarado en rebeldía.La Voz de Galicia, 29-6-1937, p. 6. O 21 de xullo do 1939 conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos na evasión do bou Ramón. Chegou a Francia e foi internado no campo de Le Barcarès. Despois da liberación traballou como canteiro e seguiu vinculado á UGT de Amberieu en Bugey (Ain), que representou no II Congreso do PSOE no exilio (1946). Foi elixido membro da Asemblea de Delegados Departamentais do PSOE no exilio para 1949 e 1950. En 1950 representou á Sección de Seyssel (Ain) no IV Congreso do PSOE no exilio. Despois trasladouse a Tarbes (Altos Pireneos) onde formou parte da Sección do PSOE, á que representou no VI e IX Congresos do PSOE. En decembro de 1967 era presidente da Sección do PSOE de Tarbes (Altos Pireneos). A súa muller Dolores Seijas Montero foi procesada en 1939 por encubrir os fuxidos que asaltaron e marcharon no bou Ramón.
Notas
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Alcaldes de Ares Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Sandiás Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes