Faustina Pignatelli Carafa, princesa de Colubrano, nada en Nápoles o 9 de decembro de 1705 e finada na mesma cidade o 30 de decembro de 1785, foi unha científica italiana. Foi a segunda muller elixida para a Academia de Ciencias de Bologna (1732).
Traxectoria Foi educada por Nicola De Martino, xunto co seu irmán Peter, e foi fundamental na presentación das teorías de Isaac Newton en Nápoles. Tras casar co poeta Francesco Domenico Carafa en 1724, recibiu o principado de Colubrano como dote polo seu pai. Foi unha importante participante no debate científico en Italia e mantivo correspondencia coa Academia Francesa das Ciencias.
Faustina tiña unha sólida preparación matemática, o que lle permitiu elaborar unha posición orixinal sobre o problema das forzas vivas e entrar no debate cunha serie de reflexións epistemolóxicas. Isto valeulle a elección como membro de honra da Academia de Ciencias de Boloña en 1732; sendo a segunda muller, despois de Laura Bassi, en ser admitida nesa institución.
Publicou en 1734, como "'anonimae napolitane" na Nova Acta eruditorum de Leipzig, unha disertación titulada Problematic Mathematica.
Francesco Maria Zanotti mencionouna como matemática agasallada na Academia de Ciencias en Bologna en 1745.
En 1751 Zanotti recolleu nun libro, Sobre a forza dos corpos que chaman vivos, escrito en forma de diálogo imaxinario entre científicos reais e vivos, o debate habido en 1750, con motivo da súa visita a Nápoles, con Pignatelli e os científicos vinculados a seu círculo, no que se puxo de manifesto ese círculo napolitano. á primacía da metafísica sobre a ciencia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Pignatelli, Carafa Faustina, principessa di Colubrano A. Brigaglia, P. Nastasi (1984): "Bologna e il Regno delle due Sicilie: aspetti di un dialogo scientifico (1730-1760)", Giornale critico della filosofia italiana, LXIII, 2, 1984, pp. 145–178.
Categoría:Matemáticos de Italia
Categoría:Físicos de Italia Categoría:Nados en 1705 Categoría:Finados en 1785 Categoría:Personalidades sen imaxes