Non confundir con branqueo de diñeiro. miniatura|Canastra da coada chea de roupa sucia A coada, barrela ou bogada é a acción de lavar as pezas de vestir ou outros tipos de roupa, como a roupa de cama.Real Academia Española O material que se está lavando, ou que xa se lavou, denomínase "coada".
Historia e características Normalmente, os procesos de lavado levanse a cabo nun espazo reservado para o efecto; unha estancia individual ou unha cámara de lavado á cal nas casas particulares se lle chamaba "o cuarto do lavadoiro". Un edificio de apartamentos ou unha residencia de estudantes poden ter un servizo de lavandaría compartida ou unha empresa independente que se coñece como lavandaría.
Adoita gardarse a roupa sucia nunha cesta de servizo de lavandaría onde se manterá ata que haxa unha cantidade suficiente para encher a lavadora. A miúdo, polo menos na maioría de países industrializados, antes de pór a roupa na lavadora, sepárase en grupos de acordo coas instrucións de lavado que traen as pezas na etiqueta.
miniatura|dereita|Roupa tendida en Italia. miniatura|dereita|Servizo de lavandaría gratis en París, Francia.
En tempos anteriores había lavadoiros públicos onde as mulleres eran as encargadas de lavar a roupa da familia. Os lavadoiros eran espazos onde a xente adoitaba socializar e conversar, polo que aínda quedan expresións como facer lavadoiro para indicar cando se está rumoreando ou explicando cousas de terceiras persoas. No transcurso do século XX impuxéronse as lavandarías e os locais de lavado en seco.
Etimoloxía Coada provén de coar e este do latín colāre.
Barrela é un derivado de barro, cuxo posible étimo podería ser do precéltico barro 'lama'.
Bogada procede do xermánico bukon 'sucidade'.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Saneamento Xabón Frigorífico Pasteurización Forno de microondas Rede de sumidoiros Acueduto Pozo Estación depuradora de augas residuais
Categoría:Electrodomésticos Categoría:Lavandaría