María Jesús Tapia Fernández, nada en Burgos o 23 de xuño de 1961, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Valladolid (1984). Avogada en Monforte de Lemos, foi xestora do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (1991-1993). Foi elixida deputada no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 1997 e volveu ser elixida deputada nas autonómicas de 2001.

Véxase tamén Ligazóns externas ficha en galegos.info Tapia Abogado

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1961 Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia