A Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste (en castelán: Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste) foi unha empresa ferroviaria española constituída en 1928 cuxa creación veu motivada pola necesidade de facerse cargo das distintas liñas ferroviarias que, tras a quebra dos seus anteriores donos, quedaran baixo control do Estado.
Historia A compañía naceu no contexto de crise que atravesou o ferrocarril español durante a década de 1920. Seguindo os principios do Estatuto Ferroviario de 1924, o Estado decretou a creación desta compañía, en parte para ir ao rescate de ferrocarrís do Oeste de España que atravesaban unha grave situación económica e en parte para aglutinar outras liñas ferroviarias controladas xa polo Estado, concretamente as liñas Betanzos-Ferrol e Ávila-Salamanca. O resto de liñas formaban parte das seguintes empresas: Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Cáceres y Portugal (MCP) Compañía del Ferrocarril de Salamanca a la Frontera Portuguesa (SFP) Compañía del Ferrocarril de Medina del Campo a Salamanca (MCS) Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo (MZOV) The West Galicia Railway Company Limited (WGR)
A súa existencia foi curta, dado que tras a Guerra Civil Española foi integrada na Rede Nacional dos Ferrocarrís Españois (RENFE) en 1941.miniatura|Mapa da rede explotada pola compañía en 1935.|centro
Véxase tamén Outros artigos Rede Nacional dos Ferrocarrís Españois Historia do ferrocarril en Galicia
Categoría:Empresas ferroviarias de España Categoría:Ferrocarril en Galicia