Nate Parker, nado en Norfolk (Virxinia) o 18 de novembro de 1979 é un actor, director, produtor e guionista estadounidense.

Traxectoria Parker naceu en Virxinia, fillo de Carolyn, de dezasete anos. A súa nai nunca casou co seu pai biolóxico, mais si co home que lle deu o apelido Parker. Cando Parker estaba na escola media a súa nai casou con Walter Whitfield, da forza aérea, e mudouse a Main. Parker viuse envolto en pelexas no colexio e na casa co seu padrasto, polo que marchou a Virginia Beach, Virxinia para vivir co seu tío materno, Jay Combs, aos catorce anos. Parker volveu reunirse coa súa nai cando esta volveu a Virxinia para coidar da súa avoa.

Parker foi acusado de violación en 1999 cando estaba na Universidade Estatal de Pensilvania e liberado dos cargos en 2001. En 2007 casou con Sarah DiSanto, orixinaria de Erie, Pennsylvania.

Carreira deportiva Seguindo o seu tío Combs, antigo loitador, Parker comezou a practicar loita no instituto, e quedou terceiro no campionato estatal júnior. Conseguiu ademais unha bolsa completa para a Penn State University. En 2002 quedou quinto nun campionato nacional universitario. O ano seguinte graduouse en programación de ordenadores e traballou como programador ata que o descubriron nunha convención de modelos en Dallas, Texas mentres acompañaba unha amiga.

Carreira interpretativa O descubridor de talentos Jon Simmons viu a Parker e preguntoulle se era actor ou modelo. Cando lle dixo que ningunha das dúas pediulle que lese un monólogo de The Fast and The Furious. Parker mudouse logo aos Ánxeles e axiña apareceu nun anuncio de televisión.

Denzel Washington seleccionou a Parker para interpretar a Henry Lowe no seu filme The Great Debaters. Parker oíra que Washington requiría biografías das súas personaxes e escribiu unha biografía de cen páxinas sobre Lowe. A partir de entón seguiu participando en numerosos filmes.

Dirección Durante anos Parker estivo interesado en realizar un filme baseado na vida de Nat Turner. En 2014 anunciou que atopara financiamento e traballaba no filme, que se chamaría The Birth of a Nation como homenaxe irónica ao célebre e racista filme homónimo. En 2016 logrou a marca de converterse no filme máis pagado (17,5 millóns de dólares) no Festival de Cinema de Sundance, superando Little Miss Sunshine.

Filmografía +Filme Ano Título Personaxe Notas2005 Dirty Duster 2005 Cruel World Techno 2007 Pride Hakim 2007 The Great Debaters Henry Lowe 2008 Felon Officer Collins 2008 Tunnel Rats Private Jim Lidford 2008 Rome & Jewel Rome 2008 The Secret Life of Bees Neil 2010 Blood Done Sign My Name Ben Chavis 2012 Red Tails Capt. Martin "Easy" Julian 2012 Arbitrage Jimmy Grant 2012 Red Hook Summer Box 2013 Ain't Them Bodies Saints Sweeter 2014 About Alex Ben 2014 Beyond the Lights Kaz Nicol 2014 Every Secret Thing Kevin Jones 2014 Non-Stop Zack White 2014Eden Slim 2016 The Birth of a Nation Nat Turner director, guionista e produtor

+Television Ano Serie Personaxe Notas2004 Cold Case R. J. HoldenTemporada 1, Episodio 22: "The Plan"2005 Kurtlar vadisi Male Model Temporada 4, Episodios 96 & 972006 The Unit Darryl Temporada 2, Episodio 11: "Silver Star"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Nate Parker en TV.com Parker archive en Los Angeles Times

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Norfolk, Virxinia Categoría:Nados en 1979 Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia camerunesa