Misery é unha novela de terror psicolóxico de Stephen King que foi publicada en 1987. Esta novela foi nomeada ó Premio Mundial de Fantasía á mellor novela no ano 1988, e foi adaptada posteriormente nun filme e nunha obra teatral homónima. Cando King estaba a escribir Misery en 1985, pensou en publicar o libro baixo o pseudónimo de "Richard Bachman", mais a identidade do pseudónimo foi descuberta antes do lanzamento.
A novela céntrase na personaxe de Paul Sheldon, un famoso escritor de novelas románticas da era vitoriana creador da serie de Misery Chastain. Un día, é restacado dun accidente de coche por unha fanática tola polos seus libros, Annie Wilkes, que o leva ó seu fogar, e que unha vez que descobre o que lle ocorre a Misery na derradeira entrega, obrígalle a escribir un novo libro para cambiar a historia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Misery (filme), filme baseado na novela.
Categoría:Obras literarias de 1987 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Novelas de Stephen King