Miqueas foi un profeta de orixe campesiña de finais do século VIII a. C., proveniente de Mórexet,Miqueas 1:14 unha pequena aldea da fértil chaira de Shfelat a uns 30 quilómetros ao suroeste de Xerusalén. Foi autor do libro da Biblia que leva o seu nome.

En lingua hebrea, o seu nome מִיכָה, Mika ou Miyá ou Michá, significa ‘quen como Yahveh?’.Miqueas 7:8New Bible Dictionary, 2ª ed. Tyndale House Publishers, Inc., Wheaton, IL, USA.

Profecía O seu labor cumpriuse en tempos dos reis Jotán de Xudá, Acaz e Ezequías e foi contemporáneo dos profetas Isaías, Oseas e Amós. Demostrou un gran celo polo pacto con Yahveh e considerou que a infidelidade ao amor de Deus faise sentir na explotación do próximo. Amou ao seu pobo campesiño e pastoril e viu nel o interese de Yahveh. Denunciou os ricos e poderosos e os sacerdotes e falsos profetas que actuaban para conseguir poder e privilexios. Rexeitou o abuso dos aristócratas de Xerusalén contra a maioría do pobo campesiño e a instrumentalización da relixión para ocultar as inxustizas sociais.C. Hugo Zorrilla: Miqueas: portavoz del campesinado. Ciudad de Guatemala: Semilla (3ª ed.), 1986.

A predicación de Miqueas foi de tal alcance que influíu para que Ezequías tentase algunhas reformas en Xudá.Reis II 18:1-4

Especial significado e valor representa o versículo Miqueas 5:1Miqueas 5:1 citado expresamente no Evanxeo de MateuMateo 2:5 como profecía do lugar do nacemento do Mesías, Belén de Xudá.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Libro de Miqueas

Categoría:Personaxes do Antigo Testamento Categoría:Profetas