Enrique Cal Pardo, nado o 8 de novembro de 1922 en Galdo (Viveiro) e finado en Burela o 28 de abril de 2016, foi un escritor e sacerdote católico galego.
Traxectoria Estudou inicialmente no Seminario de Mondoñedo e marchou a Santander para obter a licenciatura en Teoloxía na Universidade Pontificia Comillas, que obtivo no ano 1946. Regresou de volta a Mondoñedo, onde foi profesor of Teoloxía no Seminario Maior entre 1946 e 1967, onde ademais ocupou o cargo de reitor entre 1956 e 1958. En 1969 doutórase en Teoloxía, tamén en Comillas, e a partir de 1970 comezou a dar clase de teoloxía no Instituto Teolóxico de Santiago de Compostela, onde permaneceu ata a súa xubilación en 1992.
Vinculado á catedral de Mondoñedo e ao bispado de Mondoñedo, foi arquiveiro da catedral dende 1953, e deán catedralicio dende 1979, así como vigairo da diocese entre 1958 e 1966, e director diocesano do apostolado da oración, tamén de 1958 ata 1967.
Obras Synodicon Hispanum, Madrid, 1981, obra colectiva a que Cal Pardo contribúe coa transcrición dos sínodos galegos anteriores ao Concilio de Trento. El monasterio de San Miguel de la isla de la Coelleira, Madrid, 1983. El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos, A Coruña, 1984. Catálogo de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1990. Vivero en la Edad Media, 1991. Catálogo-regesta de la documentación del siglo XVI del Archivo de la Catedral de Mondoñedo , 1992. Mondoñedo – Catedral, Ciudad, Obispado – en el siglo XVI. Catálogo de los documentos del Archivo, Lugo, 1992. Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo, 1999, reeditado en 2005. La Catedral de Mondoñedo, 2002. Rehabilitación del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 2004 Tumbos da Catedral de Mondoñedo'', 2005 e 2006, en varios tomos.
Honras A Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Bronce de Galicia, en 1997.
Tamén escribiu numerosos artigos e notas sobre o Episcopoloxio Mindoniense, ou sexa, a historia dos bispos da diocese de Mondoñedo, así como sobre a colección musical da catedral.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "Homenaxe a Enrique Cal Pardo" (2016) Don Enrique, o xeneroso
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes