Outra volta de roda é o décimo sexto álbum do grupo galego de folk A Roda. Foi publicado o 8 de maio de 2014, baixo o selo PAI Música.

O disco conta coa colaboración de varios artistas. No primeiro tema "O andar miudiño" participan Xosé Luis Abalde, Cabaleiro, Moretón, Que No, Luis Vaamonde, Bernardo Xosé, Sés, Miguel Costas e Emilio Rúa. No segundo tema "Pousa pousa" colaboran Luis Vaamonde, Sés, Luis Iglesia, Miguel Costas, Segundo Grandío e Pancho Álvarez. No terceiro tema "O gato" participa Luis Miguel Crespo. No cuarto tema "A filla" colabora Piotr. No quinto tema "A raíz do toxo verde" participa Brais Ferreira. No sétimo tema "Carmeliña" colabora Najla Shami. No undécimo tema "Se te casas en Ourense" participan Emilio Rúa e Diego Pacheco.

O álbum foi presentado no Salón Teatro de Compostela."'Outra volta de roda', novo disco da Roda"

Lista de cancións

Formación Alfredo Dourado: voz, baixo Xan Barcón: voz, gaita, frautas Ángel Comesaña: percusión, voz David Cabaleiro: teclado, acordeón, guitarra, voz Manuel Dopico: voz, guitarra, bouzouki

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Datos do álbum en itunes.apple.com Entrevista co grupo en YouTube

Categoría:Álbums musicais de 2014 Categoría:Álbums da Roda