Eduardo González-Moro Cervigón, nado na Coruña cara 1894 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 1945, foi un médico e político galego.
Traxectoria Médico na Coruña. Militante da ORGA, foi concelleiro da Coruña de 1931 a 1934. Integrouse en Izquierda Republicana e formou parte da xestora municipal da Coruña de 1936. Foi nomeado vogal do Padroado local de Formación Profesional da Coruña en xullo de 1936.Gaceta de Madrid, 22-7-1936, p. 778. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado por rebelión. Foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Cumpriu condena na Prisión provincial da Coruña, da que saíu en liberdade condicional en maio de 1941.BOE, 13-6-1941, p. 4308. Finou na Coruña o 17 de marzo de 1945.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-3-1945, p. 3.
Vida persoal Casou con Dolores Pujalte Díaz.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Médicos da Coruña
Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes