O factor de crecemento transformante beta 3 (TGF-β3) é unha proteína que nos humanos está codificado polo xene TGFB3 do cromosoma 14.

É unha proteína que funciona como citocina, que está implicada na diferenciación celular, embrioxénese e desenvolvemento. Pertence a unha gran familia de citocinas chamada superfamilia do TGF-β, que inclúe a familia do TGF-β, as proteínas morfoxénicas óseas (BMPs), factores de diferenciación e crecemento (GDFs), inhibinas e activinas.

O TGF-β3 crese que regula moléculas implicadas na adhesión celular e formación da matriz extracelular durante o proceso do desenvolvemento do padal. Sen TGF-β3, os mamíferos desenvolven unha deformidade denominada padal fendido ou labio leporino. Isto é causado pola incapacidade das células epiteliais en ambos os lados do corpo de desenvolver un padal fusionado. O TGF-β3 tamén xoga un papel esencial no control no desenvolvemento dos pulmóns en mamíferos, pero tamén regula a adhesión celular e a formación da matriz extracelular neste tecido, e controla a curación ao regular os movementos das células epidérmicas e dérmicas na pel lesionada.

Interaccións

O TGF-β3 ten interaccións co receptor de TGF-β 2.

Investigación clínica

Realizáronse con éxito ensaios clínicos en fases I e II, co TGF-β3 recombinante humano (Avotermin, co nome comercial previsto Juvista), pero fracasou nos ensaios en fase III.Renovo shares plummet 75% as scar revision product Juvista fails to meet study endpoints, 14 February 2011

Notas

Véxase tamén Outros artigos Factor de crecemento transformante beta

Ligazóns externas GeneReviews/NCBI/NIH/UW entry on Arrhythmogenic Right Ventricular Dysplasia/Cardiomyopathy, Autosomal Dominant OMIM entries on Arrhythmogenic Right Ventricular Dysplasia/Cardiomyopathy, Autosomal Dominant

Bibliografía

Categoría:Factores de crecemento