O Estadio Municipal de Cantarrana, é un campo municipal de fútbol situado na parroquia de Covas (Viveiro). O seu propietario é o Concello de Viveiro e nel exerce como local o equipo de fútbol Viveiro CF. Conta cun terreo de xogo de herba natural e unha bancada cuberta.

Após a inauguración do novo Estadio Municipal de Viveiro en 1996 estaba previsto que o Viveiro CF, primeiro equipo da vila, pasara xogar aí os seus partidos de competición oficial. Porén, a directiva do club decidiu manter Cantarrana como sede principal dado o rexeitamento dos seareiros ás novas instalacións e ao non reunir estas as condicións de confort axeitadas.

Notas

Cantarrana Categoría:Viveiro Categoría:Viveiro sen imaxes Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes