A Bolsa de Valores de Zagreb (en lingua croata Zagrebačka Burza, en lingua inglesa Zagreb Stock Exchange), ou coñecida polas súas siglas ZSE, é unha bolsa de valores situada na cidade de Zagreb, capital da República de Croacia.
É a única bolsa de valores de Croacia. A bolsa de valores negocia as accións de empresas croatas, así como tamén títulos e contas comerciais.
O ZSE foi creado en 1991 como sucesor da "Bolsa de Valores de Zagreb para os bens e valores". Foi co-fundada por Samuel David Alexander en 1907. En marzo de 2007 incorporou-se a Bolsa de Valores de Varaždin, formando un único mercado continuo de valores na capital croata, poñéndose líder na rexión balcánica por capitalización bolsista e volume de negocio.
A 11 de abril de 2008, a ZSE conta cun total de 376 empresas é teñen un valor de capitalización de máis de 187.69 millóns de kunas croatas no mercado de valores (249.2 millóns de euros).
A bolsa ten dúas sesións, a de pre-mercado desde 9:00 da mañá ás 10:00 da mañá, e o segundo horario, os normais, desde as 10:00 da mañá ás 16:00 da tarde todos os días da semana, agás sábados, domingos e festivos declarados pola propia bolsa de valores con antelación.Market Hours, Zagreb Stock Exchange vía Wikinvest
A Bolsa de Valores de Zagreb tamén publica os seguintes índices:
CROBEX, stocks (bens almacenados). CROBIS, títulos.
A Bolsa de Valores localízase nos rañaceos Eurotower na intersección das rúas Vukovarska e Lučićeva, na cidade de Zagreb.thumb|Fotografía do edificio Eurotower onde se localiza a Bolsa de Valores de Zagreb, Zagreb, República de Croacia.|centro Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial da Bolsa de Valores de Zagreb (en lingua croata)]
Categoría:Economía de Croacia