Metón de Atenas (grego: Μέτων ὁ Ἀθηναῖος; xen.: Μέτωνος;), nado cara ao -460, foi un matemático, astrónomo, xeómetra, e enxeñeiro que viviu en Atenas no século -V.
Traxectoria É máis coñecido polo seu ciclo metónico de 19 anos que introduciu en -432 no Calendario ático lunisolar como método para o cálculo de datas. Metón atopou que 19 anos solares son case igual a 235 meses lunares e 6.940 días.
Metón foi un dos primeiros astrónomos gregos en facer observacións astronómicas exactas. Traballando con Euctemón, observou o solsticio de verán o 27 de xuño de -432, que significaba o comezo do Ano Novo para os atenienses.
Metón aparece brevemente como un personaxe na obra de Aristófanes As aves. Vai sobre o escenario levando instrumentos de topografía e é descrito como un xeómetra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ciclo metónico Número áureo nos calendarios
Bibliografía Toomer, G. J. "Meton." Dictionary of Scientific Biography 9:337-40. Ligazóns externas Metón de Atenas (en inglés) Astronomía grega (en inglés)
Categoría:Astrónomos da Grecia antiga Categoría:Nados en Atenas