right|miniatura|250x250px| Sistema Solar Heliocéntrico.
En astronomía e co establecemento dos calendarios, o ciclo de Metón ou ciclo metónico é un común múltiplo aproximativo dos períodos orbitais da Terra e da Lúa. En efecto, 19 anos tropicais e 235 meses sinódicos non difiren máis que en 2 horas; por iso é polo que despois de 19 anos, as mesmas datas do ano se corresponden coas mesmas fases da Lúa.
O posto dun ano neste ciclo chámase número áureo, quizais porque era gravado cada ano nos alicerces dun templo en Atenas e é utilizado para o cálculo da data de Pascua. O nome de ciclo metónico provén do astrónomo grego Metón , quen sinalara xa esta coincidencia ao redor do -432, como o fixo o astrónomo caldeo Kidinnu cara ao -380. Pero os escritos cuneiformes parecen indicar que este ciclo era xa coñecido en Mesopotamia desde o século -VI e era utilizado para predicir as eclipses.
O ciclo de Metón é empregado nos calendarios lunisolares. En efecto, nun calendario lunisolar típico, a maior parte dos anos son anos lunares de 12 meses, pero 7 dos 19 anos posúen un mes suplementario, coñecido co nome de mes intercalar ou embolismico.
Nos calendarios babilonios e hebreos antigos, os anos: 3, 6, 8, 11, 14, 17 e 19, son anos de trece meses do ciclo metónico.
Existen igualmente outros dous ciclos similares: o octaeteris (8 anos ≈ 99 lunacións, cf. calendario ático) e o tritos (11 anos ≈ 136 lunacións).
O ciclo metónico está igualmente próximo (a medio día case) de 255 meses draconíticos. É pois igualmente un ciclo de eclipses, que dura soamente 4 ou 5 eclipses. O tritos, próximo a 146,5 meses draconíticos, é un mellor ciclo de eclipses.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Número áureo nos calendarios Cálculo da data de Pascua Libro de horas Libro de horas da raíña María de Navarra Livro de Horas de D. Manuel
Categoría:Calendarios Categoría:Cronoloxías