Valentín Puga Franco, nado na Guarda cara a 1888 e finado en Sabarís (Baiona) o 25 de marzo de 1963, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Propietario dunha fábrica de conservas e salgazón en Vigo, trasladouna nos anos vinte a terreos próximos á praia de Santa Marta de Baiona.Gaceta de Madrid, 2-4-1927 Na Segunda República e logo da anulación das eleccións municipais de Baiona, foi nomeado presidente da comisión xestora de Baiona polo delegado do gobernador civil en abril de 1931.El Pueblo Gallego, 23-4-1931, p. 8.
Asociado con Manuel Godoy Agrelo, dono da antigua fábrica de conservas de Julián Revollar, iniciaron unha nova fábrica en 1938 que se inaugurou o 9 de agosto de 1939 co nome de Puga & Godoy. Cara a 1938 construíu un pequeno peirao para mellorar a loxística da fábrica.BOE, 28-5-1939 A conserveira chegou a contar cun centenar de empregados. Dedicouse principalmente á sardiña en aceite, pero tamén ao xurelo, agulla e ata lamprea.
Finou en Sabarís o 25 de marzo de 1963 aos 74 anos.El Pueblo Gallego, 26-3-1963, p. 9. Logo da súa morte a fábrica esmoreceu ata a súa desaparición en 1975.
Vida persoal
Casou con Florinda de la Peña Pacheco e foi pai de Valentín, Manuel, María del Carmen, Celia, Alejandro, María del Rosario (que casou con Andrés Barros Dacosta), José Benito e Rocío Puga de la Peña.
Notas
Categoría:Empresarios do sector conserveiro Categoría:Alcaldes de Baiona Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República
Categoría:Nados na Guarda
Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1963