Xeneralidades En bioloxía, segundo o contexto, o termo fotorreceptor pode designar a: unha neurona sensorial sensíbel á luz que se encontra na capa posterior da retina (denominádose entón célula fotorreceptora ou neurona fotorreceptora), ou unha molécula que asegura a transdución da enerxía luminosa nun sinal bioquímico no seo dunha célula fotorreceptora.
Neuronas fotorreceptoras miniatura|200px|Estrutura dos conos e dos bastóns. Clases de neuronas fotorrecpetoras As neuronas fotorreceptoras poden, grazas á súa capacidade de adaptación, responder ás moi débiles intensidades luminosas que entran no ollo (en condicións experimentais precisas, un só fotón pode ser suficiente para estimulals). Existen dous tipos: os conos, para respostas rápidas e sensíbeis dependendo do seu a diferentes gamas de lonxitude de onda da luz e, polo tanto, permiten ver as cores, pero tamén para ter unha visión clara (alta agudeza visual), e os bastóns, ou bastonetes, de resposta máis lenta e máis grande, dos que hai un só tipo (pero que ten máis pigmentos fotorreceptores que os conos) que permiten a visión nocturna, pero non a visión das cores. Tamén permiten a visión periférica.
(Ver tamén célula ganglionar retinal fotosensible).
Propiedades funcionais das neuronas fotorreceptoras As neuronas fotorreceptoras converten, por un proceso fotoquímico, a enerxía luminosa nun sinal neuroquímico. Teñen a característica fisiolóxica de estaren continuamente activadas en ausencia de estímulos. A resposta analóxica dos fotorreceptores á potencia luminosa segue aproximadamente unha lei logarítmica.
Transmiten esta actividade a través das súas sinapses coas células bipolares e horizontais, de tal maneira que a actividade destas células na superficie retiniana forman unha imaxe. Este sinal propágase entón a través das células bipolares até as células ganglionares. As células horizontais e as amácrinas desempeñan un papel importante propagando o sinal lateralmente na retina.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Bastón (célula) Célula amácrina Célula bipolar da retina Célula horizontal da retina Cono (célula) Fitocromo Fototropina Iodopsina Ollo Retina Rodopsina Visión
Categoría:Anatomía Categoría:Fisioloxía