O Frontón Municipal de Riazor é unha instalación polideportiva da cidade da Coruña na confluencia da avenida de La Habana coa praza de Portugal, inaugurada en 1944 e propiedade do Concello da Coruña. Foi proxectada por Santiago Rey Pedreira como parte do complexo coñecido como Cidade Deportiva Municipal de Riazor, composta —ademais de polo frontón— polo Estadio Municipal, o Palacio dos Deportes, a Piscina Municipal de Riazor e as Pistas Polideportivas de Riazor. Consta de: Un muro de escalada de carácter deportivo. Unha pista de 24 m×50 m para a práctica de bádminton, baloncesto, balonmán, fútbol sala, pelota vasca, cesta punta, tenis e voleibol Bancada con capacidade para 500 persoas Inicialmente foi construída como unha instalación descuberta que formaba parte do propio estadio e aínda que houbo un proxecto para cubrila xa en 1951, obra do propio Rey Pedreira, tal mellora non se levaría a cabo até anos máis tarde.
Vén sendo empregada tamén para outros deportes como boxeo, halterofilia ou patinaxe, actos políticos como a fundación do Bloque Nacionalista Galego en 1982 e o seu XXV aniversario en 2007, concertos ou actos benéficos.
A finais de 2008 a xunta de goberno local aprobou a rehabilitación do seu lucernario e a finais de 2012 puxo en marcha obras para anovar os seus accesos.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Cidade Deportiva de Riazor Categoría:A Coruña sen imaxes