Discharge é unha banda inglesa de hardcore punk formada en 1977 por Terence "Tezz" Roberts e Royston "Rainy" Wainwright. A pesar de que o grupo pasou por bastantes cambios de compoñentes ao lando da súa carreira, a súa formación clásica de principios dos 80 estaba formada por Wainwright no baixo, o batería Gary Maloney, Anthony "Bones" Roberts na guitarra, e o vocalista Kelvin "Cal" Morris (tamén coñecido como "Cal Voice").
A banda caracterízase polo seu enfoque minimalista á música e ás letras, un son de guitarra, pesado, distorsionado e afiado e cruas voces berradas semellantes a un discurso político, con letras que falan de anarquismo o pacifismo. O disco de estrea de Discharge, Hear Nothing See Nothing Say Nothing, foi número 2 na lista indie británica e 40 na de álbums. A principios dos 80, numerosos sinxelos e EPs seus estiveron no top 10 das listas indie británicas, como o EP de 1981 Why? (#1) e o sinxelo de 1982 "State Violence State Control".
Hear Nothing See Nothing Say Nothing pavimentou o camiño para o thrash metal, o black metal, o crust punk, o grindcore e varios subxéneros de metal extremo. O xénero musical d-beat foi chamado así por Discharge e o seu distintivo ritmo de batería.
Discografía
Álbum Ano Selo Hear Nothing See Nothing Say Nothing 1982 Clay Records Grave New World 1986 Clay Records Massacre Divine 1991 Clay Records Shootin' Up the World 1993 Clay Records Discharge 2002 Sanctuary Records Disensitise 2008 Vile Records End Of Days 2016 Nuclear Blast Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais do condado de Staffordshire Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de crossover thrash Categoría:Grupos musicais de crust punk Categoría:Grupos musicais formados en 1977