miniatura|Vista da cidade deportiva. miniatura|Pazo dos Deportes. A Cidade Deportiva de Riazor son un conxunto de instalacións propiedade do Concello da Coruña nas proximidades da praia de Riazor destinadas principalmente á práctica do deporte, aínda que tamén se teñen celebrado nela outros eventos como concertos ou actos políticos. Foron orixinalmente proxectadas por Santiago Rey Pedreira a partir de 1939 e sucesivamente inauguradas a partir de 1944, cando se estrea o "Stadium Municipal" en torno ao cal vai xirar todo o complexo.

Ao longo do tempo a Cidade Deportiva foi sufrindo variacións na súa composición, como a desaparición dos campos de adestramento para erguer o Palacio dos Deportes, a segregación do Frontón do Estadio, ou a eliminación das pistas de atletismo do estadio a finais da década de 1990.

Asemade, houbo outros proxectos de ampliación ou modificación como os do "Palacio dos Deportes e Ximnasio de Riazor" e "Construción do Frontón Municipal" de Antonio Tenreiro, ou o de "Construción de cuberta e peche das pistas de patinaxe e tenis" de Rodolfo Ucha, durante o franquismo, que non chegaron ser realizados. Como tampouco chegaría ver a luz -xa no século XXI- o proxecto de Peter Eisenman, que implicaba o derrubamento de todo o construído para erguer un complexo completamente novo, nin o promovido conxuntamente polo Concello e o Real Club Deportivo da Coruña como parte da candidatura Ibérica do Mundial de fútbol 2018/2022.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cidade Deportiva de Riazor na páxina do Concello da Coruña.

Categoría:Cidade Deportiva de Riazor