miniatura|Mercamadrid. miniatura|Plano. miniatura|CTM. Mercamadrid é unha sociedade cuxo obxectivo é a distribución alimentaria. É, xunto con Mercabarna, unha das maiores empresas que existen en España dedicadas á distribución alimentaria de produtos perecedoiros (carne, peixe, froitas e hortalizas). Esta empresa ten rango internacional e está xestionada pola empresa mixta Mercamadrid S.A.
Os accionistas de Mercamadrid son o concello de Madrid (51,13%, en usufruto pola empresa municipal Espazos e Congresos), a empresa pública estatal Mercasa (48,63%), dependente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e do Ministerio de Agricultura de España e accionistas minoritarios pertencentes a gremios e usuarios (0,2%).Espacios y Congresos tendrá el usufructo del 51,13% de las acciones de Mercamadrid.
Historia En 1973 o concello de Madrid e a empresa nacional Mercasa acordaron crear unha sociedade que xestionase os mercados centrais da capital. Froito daquel convenio xurdiu Mercamadrid, S.A. Dous anos máis tarde comezaron as obras. A medida que se ían desmantelando as funcións do antigo Matadoiro Municipal de Legazpi e do Mercado de Froitas e Hortalizas (ambos na praza de Legazpi), así como o Mercado Central de Peixes de Toledo.
En 1982 inaugurouse o Mercado Central de Peixes dentro do recinto. Progresivamente fóronse realizando outras inauguracións das infraestruturas terminadas: en 1983 abriuse o Mercado Central de Froitas e Hortalizas dentro do recinto; en 1986 a Nave de Plátanos, en 1987 a Nave de Polivalencia e en 1990 un frigorífico xeral. En 1999 inaugurouse o Centro Cárnico de Mercamadrid, constituíndo o maior mercado de carnes de Europa e un dos máis modernos do mundo cunha superficie próxima aos 40.000 m².Mercamadrid abre el mayor mercado de carne de toda Europa.Historia.
Instalacións e relevancia Conta desde 1982 cun polígono parcelado, onde se producen as transferencias diarias dos produtos que se comercializan. En Mercamadrid conviven numerosos ámbitos sociais: empresarial, laboral, sindical, asistencial, institucional, formativo, cultural e promocional.
Mercamadrid é o maior mercado de distribución de alimentos de España. Fornece produtos aos 54 mercados principais distribuídos en toda a cidade, así como ás grandes, medianas e pequenas cadeas de supermercados. Tamén acoden compradores almacenistas de sete comunidades autónomas como as dúas Castelas, Estremadura, Andalucía, Murcia, Cantabria, Galicia e tamén Portugal como país veciño. Tamén está considerado o segundo porto do mundo, despois de Tokio, para a compravenda de peixes e mariscos frescos.Mercamadrid se acerca a Tokio.
Dentro está o hotel Diana Plus, e xunto a este o CTM (Centro de Transportes) que é un bloque de oficinas de empresas.
Superficie Ocupa un terreo de 176 hectáreas, onde hai instaladas 700 empresas comercializadoras de produtos perecedoiros e de servizos xerais. Nas súas instalacións hai unha afluencia media de 15.000 vehículos diarios e 18.000 compradores dun radio de influencia maior a 400 km.Mercamadrid .
Distribución de superficies + Distribución de superficies en MercamadridTipo instalación Superficie en m²Mercado de peixes 42.600Mercado de froitas e hortalizas 124.400 Mercado de carnes 32.600 Zona de servizos comerciais e administrativos 32.600 Servizos e almacéns 31.450 Aparcadoiros e viarios 471.968 Zonas verdes 263.452 Usos internos 34 950 C.T.M. 228.950 Total 1 761 568
Notas
Ligazóns externas Web de Mercamadrid
Categoría:Madrid