Aida Fernández Ríos, nada en Vigo en 1947 e finada en Meira (Moaña) o 22 de decembro de 2015,Pasamento da Académica Numeraria Profra. Dra. Da. Aída Fernández Ríos 23/12/2015. foi unha bióloga galega, membro da Real Academia Galega de Ciencias.
Traxectoria Estudou na Escola de Comercio de Vigo e traballou na súa mocidade nunha imprenta. Posteriormente comezou a traballar como axudante no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o que a levou a estudar de novo e a licenciarse en Bioloxía pola Universidade de Santiago.
Incorporouse de novo ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, do que foi a súa directora entre 2006 e 2011. O seu labor investigador centrouse nos niveis de dióxido de carbono no mar, en particular do causada polo ser humano, e polos niveis de acidez dos océanos. En 2015 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias, na súa sección de Bioloxía, e no seu momento foi a terceira muller que ingresaba, logo de María José Alonso e de Alicia Estévez.
Colaborou en revistas da súa especialidade: Thalassas: An international journal of marine sciences, Scientia Marina, Pesca Internacional: revista mensual bilingüe del sector pesquero = Monthly bilingual fishing journal, Ciencias marinas.
Vida persoal Faleceu atropelada en Meira (Moaña).
Obra
El fitoplancton en la Ría de Vigo y sus condiciones ambientales (1993). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-958-3. (tese de doutoramento)
Obra colectiva
La Ría de Vigo: una aproximación integral al ecosistema marino de la Ría de Vigo (2008). Alberto González-Garcés Santiso (aut.). ISBN 978-84-89599-34-5,.
Recoñecementos En 2020 a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra organizaron a I Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, co fin de promover o interese do público xeral e impulsar o labor científico levado a cabo en Galicia con continuidade en 2021.
En 2026 a Real Academia Galega de Ciencias elixiuna Científica Galega do Ano. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas No Álbum de Galicia
Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en accidente de tráfico