Alba Cid Fernández, nada en Ourense o 10 de marzo de 1989, é unha poeta galega.
Traxectoria Estudou Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza a súa tese doutoral e exerceu docencia. No curso 2020-2021 foi profesora no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, en 2022 aprobou a oposición de profesora de ensino secundario na materia de Lingua Galega e Literatura.
Foi recoñecida desde moi nova en diversos galardóns literarios"Alba Cid e David Vázquez gañan os premios Aurelio Aguirre e José Saramago" , na web do concello de Santiago de Compostela, 16 de abril de 2008.. O seu labor investigador céntrase na teoría poética e a literatura galega, enfocando especialmente a tematización da autoría, a enunciación, a hibridación xenérica e a fragmentación na poesía contemporánea.
Publicou textos en diversos libros colectivos, como Poética da casa (2006), 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015) ou Librosconversos (2016), e nas revistas Dorna (de cuxo Consello de Redacción forma parte), Raigame, Algália, Grial e Luzes.
Mantivo diversos espazos na rede, coma o caderno de viaxe paxaros que foron príncipes otomanos Caderno de viaxe paxaros que foron príncipes otomanos ou a súa conta de Instagram, ademais de colaborar en diversas publicacións dixitais, coma Noir Magazine.
Obra
Os Danzantes dos Reis (2018) aCentral Folque. ISBN 978-84-949511-1-4. Con fotografías de Eutropio Rodríguez Atlas (2019). Vigo: Galaxia. Fotografías e poemas. 80 páxs. ISBN 978-84-9151-412-1. Atlas (2024). La Bella Varsovia. 80 páxs. ISBN 978-84-339196-8-7. Xela Arias. Para ser de todo (2021). La Voz de Galicia. ISBN 978-84-9757-352-8. Tesouro espeleolóxico galego (2022). Con Club espeleolóxico galego. Acentral Folque. 322 paxs. ISBN 9788412286762.
Obras colectivas Poética da Casa, 2006, Consellería de Vivenda e Solo. 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Librosconversos, 2016, LibrosGalegos.gal. No seu despregar, 2016, Apiario.
Coedicións Trans-fronteiras Express: Reflexións teórico-críticas sobre hibridación e emerxencia cultural e literaria (2013). Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. La poesía actual en el espacio público (2015). Orbis Tertius. A faia de Ponto. Le roi de la Galice (2022). Acentral Folque. Con Estevo Creus (textos) e Maria João Worm (deseños). A plaquette revisa o texto medieval francés 'Ponthus et la belle Sidonie'.
Premios 43 Concurso Nacional de Redacción Coca Cola (2003). Rosalía de Castro de Cornellà (2006, 2008). Minerva (2007).
Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López (2009). Ourense de Contos para a Mocidade (2010).
Xuventude Crea (2013, 2016). Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia (2012). Premio Nacional Fin de Carreira (2013). 2020: Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, por Atlas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alba Cid, na web Poesía Galega. Conferencia no Club Faro de Vigo (febreiro, 2021) Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Ourense
Categoría:Nados en 1989