O Gran Buda de Leshan (en ) é unha estatua de pedra de 71 m de alto construída durante a dinastía Tang. Está esculpida no cantil que se atopa na confluencia dos ríos Min, Dadu e Qingyi, ao sur da provincia chinesa de Sichuan, preto da cidade de Leshan.

Trátase da meirande estatua de pedra do mundo. Tamén é a maior estatua do mundo que se conserva e que foi construída antes da Idade Moderna. Tanto a paisaxe panorámica do Monte Emei como a paisaxe panorámica do Gran Buda de Leshan foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas UNESCO Máis información Leshan Grand Buddha - Da Fo Outros artigos Budismo Arte budista Lista das estatuas máis altas

Categoría:Budismo Categoría:Escultura Categoría:Cultura da China Categoría:Patrimonio da Humanidade na China