miniatura|250px|Denominacións de orixe de Galicia. Un colleiteiro, tamén coñecido como adega de colleiteiro, refírese a un tipo concreto de adega de Galicia, a cal se caracteriza por elaborar menos de 60.000 litros de viño ao ano, a partir de uva de colleita propia.Res. de 14/4/2009, de la Dirección General de Industria y Mercados Alimentarios, por la que se publica la Orden de 30/7/2009, por la que se aprueba el Reglamento de la Denominación de Origen «Ribeiro» y de su Consejo Regulador BOE .

O colleiteiro, figura tradicional do rural galego, foi evolucionado á hora de elaborar os seus viños, mantendo viva a tradición, á vez que a combina coas últimas tecnoloxías en elaboración de viños. Na maioría das adegas de colleiteiro, é o propio dono da adega quen se encarga de todo o ciclo de produción, dende o coidado da viña, pasando pola elaboración do viño ata o seu posterior embotellado para a súa comercialización. No mundo do viño encontramos figuras similares á dos colleiteiros como poden ser o concepto de Terroir ou o de Viños de Autor.

Características Un colleiteiro só pode elaborar viño a partir de uva de colleita propia, polo tanto non pode comprar uva ou viño a granel para aumentar a súa produción, non pode elaborar máis de 60.000 litros de viño ao ano e pode vender as súas uvas e/ou o seu viño a outras adegas, e/ou vendelo embotellado baixo marca propia.

Lexislación A figura do Colleiteiro regulouse por primeira vez na Orde do 12 de maio de 1987, sobre condicións esixibles a elaboradores e embotelladores de viño, publicado no Diario Oficial de Galicia do día 8 de xuño de 1987https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1987/19870608/Anuncio2EF6_gl.html recolle o seguinte:

Posteriormente no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, publicado no Diario Oficial de Galicia do día 29 de xaneiro de 2007Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores DOG. recolle o seguinte:

Na D.O. Ribeiro Actualmente só a Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga de Galicia, recolle a figura do colleiteiro nos seus estatutos. No artigo 17, punto 1, Rexistro de Adegas di o seguinte:

A día de hoxe a Denominación de Orixe Ribeiro conta con 56 adegas de Colleiteirohttps://www.ribeiro.wine/es/bodegas-y-colleiteiros

Existe unha asociación profesional, a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro, da cal poden ser socios as Adegas de Colleiteiros da Denominación de Orixe Ribeiro que embotellan e comercializan o seu viño, producido unicamente a partir de uvas de colleita propia. Actualmente conta con 29 adegas asociadas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo sobre os Colleiteiros do Ribeiro

Categoría:Viños de Galicia