Alcaligenes é un xénero de bacterias gramnegativas, aerobias, con forma de bacilo. Comprende especies móbiles con flaxelos xeralmente peritricos, e máis raramente especies inmóbiles. Algunhas cepas de Alcaligenes poden realizar a respiración anaerobia, pero no seu medio debe haber nitrato ou nitrito; doutro modo, o seu metabolismo é respiratorio aerobio e nunca fermentativo. O xénero non usa carbohidratos para a súa nutrición. Viven nos solos e auga, e tamén sobre materiais en descomposición e produtos lácteos, e algunhas nos tractos intestinais de vertebrados. Atopáronse tamén en mostras de sangue, urina, feces, oídos, líquido cefalorraquídeo e feridas. Informouse de infeccións zoonóticas procedentes de furóns.Malek-Marín T et al (2009) A case of endocarditis of difficult diagnosis in dialysis: could "pest" friends be involved? Clin Nephrol 72(5):405-409 Ocasionalmente causan infeccións oportunistas, incluíndo a septicemia nosocomial.http://medical-dictionary.thefreedictionary.com/Alcaligenes
Algunhas especies de Alcaligenes foron utilizadas para a produción industrial de aminoácidos non estándar A. eutrophus tamén serve para producir o biopolímero polihidroxibutirato.
Especies de Alcaligenes foron atopadas cada vez con máis frecuencia en pacientes de fibrose quística. Nestes pacientes a especie identificada maiormente foi Alcaligenes xylosoxidans.Saiman, Lisa, Yunhua Chen, Setareh Tabibi, Pablo San Gabriel, Juyan Zhou, Zhenling Liu, Lena Lai, and Susan Whittier. "Identification and Antimicrobial Susceptibility of Alcaligenes Xylosoxidans Isolated from Patients with Cystic Fibrosis." Journal of Clinical Microbiology 39.11 (2001): 3942-945. NCBI. Web. 27 May 2014. <http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC88468/>
A. faecalis é a especie tipo. É móbil, flaxelada, fina e un pouco curvada, non forma esporas, ten crecemento lento, non fermenta nin se encapsula, e é aerobia e gramnegativa. A. faecalis pode oxidar o arsenito a arsenato.G.L. Anderson, M. Love and B.K. Zeider. Metabolic energy from arsenite oxidation in Alcaligenes faecalis. J. Phys. IV France 107 (2003) 49. DOI: 10.1051/jp4:20030240 Esta especie atópase principalmente no tracto gastrointestinal, onde vive como un saprófito inofensivo no 5 ao 19% da poboación normal. Alcaligenes faecalis causa septicemia nosocomial, orixinada en hemodiálises ou fluídos intravenosos contaminados, en pacientes inmunocomprometidos. A infección sistémica por este organismo é moi rara, pero pode producir sepse, meninxite, peritonite, febre entérica, apendicite, cistite, otite, abscesos, artrite, pneumonite, e endocardite. Foi asociada con desenlaces finais mortais porque é resistente a varios dos antibióticos usados comunmente.Kavuncuoglu, F., A. Unal, N. Oguzhan, B. Tokgoz, O. Oymak, and C. Utas. "First Reported Case of Alcaligenes Faecalis Peritonitis." Journal of the International Society for Peritoneal Dialysis 30.1 (2010): 118-19. Web. 27 May 2014. <http://www.pdiconnect.com/content/30/1/118.full >
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Alcaligenes en Microbewiki.
Categoría:Burkholderiales