é a principal organización yakuza do Xapón. Fundouna Harukichi Yamaguchi en Kobe en 1915 e é unha das meirandes organizacións criminais do mundo. Segundo a policía do Xapón en 2007 tiña 20400 membros activos e 18600 asociados, o que supón o 45% de todos os membros de yakuzas.
A súa estrutura é piramidal: no cumio sitúase un kumichō (組長) (xefe), por tras están quince shatei (舎弟) (irmán máis novo) e 86 wakachū (若中) (nenos). O seu actual kumichō é Shinobu Tsukasa, que mantén unha política expansionista dirixida cara a Tokio, tradicionalmente fóra da súa zona de influencia, e fóra do Xapón.
Notas
Categoría:Yakuza