Este artigo trata sobre un nome, para o accidente xeográfico véxase Baía.

miniatura|Santa Baia, John William Waterhouse, 1885 Baia é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o grego Ευλαλια (Eulalia) que significa "elocuente, que fala ben". En galego tamén ten as variantes Eulalia, Oalla, Balla e Alla.

En xaneiro de 2023 existían 20 mulleres en Galicia co nome Baia, cunha media de idade de 7,6 anos,Nome Baia na web do Instituto Galego de Estatística. 352 co nome Eulalia, cunha media de idade de 70,6 anosNome Eulalia na web do Instituto Galego de Estatística. e 21 co nome Alla, cunha media de idade de 47,7 anos.Nome Alla na web do Instituto Galego de Estatística.

Historia do nome Baia é a evolución galega do nome culto Eulalia. Este deriva do adxectivo grego eulalos, composto de ευ (eu, "ben") e λαλεω (laleo, "falar"); o significado pode ser interpretado como "o que fala ben", "que fala con dozura", "elocuente". A forma grega do nome sería Ευλαλια (Eulalia), aínda que só está documentado o masculino Ευλαλιος (Eulalios), latinizado despois tanto ao masculino coma ao feminino.

A difusión do nome débese ao culto ás santas así chamadas, en particular ás dúas mártires españolas, unha de Barcelona e a outra de Mérida. O nome é soado ademais de en España, en Portugal e Francia. En Italia a notoriedade do nome aumentou grazas a unha canción de Quartetto Cetra de 1947, Eulalia Torricelli da Forlì. En Inglaterra, en época medieval, Eulalia semella confundirse en parte co nome Ilaria, Hilary.

En Galicia Santa Baia é patroa de multitude de parroquias, polo que debeu ser un nome común na antigüidade. Tamén en Cataluña hai unha gran devoción por Santa Baia ou Eulàlia que é patroa de Barcelona xunto con Nosa Señora da Mercé. Ás veces confúndense as vidas de Santa Baia de Mérida con Santa Baia de Barcelona, nena martirizada a principios do século IV.Laia a sellamara.com , Datos do Censo Español, Fonte: INE.

O nome Baia/Eulalia foi un nome frecuente na Idade Media en Francia, España e Portugal ("Eulàlia"). Desde os anos 60-70 foi perdendo popularidade, mais os seus hipocorísticos de orixe galega-asturiana: Olaia, Olalla foron gañando popularidade dende aquela en toda España, especialmente no norte (tamén a forma catalá ‘’Laia’’). A forma masculina Eulalio/ Baio está en desuso, tampouco é común a forma galega Baia hoxe en día, sendo a máis común en Galicia a forma Olalla.

Onomástica A festa onomástica celébrase os díashttp://www.ecampmany.com/santoral: Santa Baia de Mérida, virxe e mártir, 10 de decembro, patroa de multitude de parroquias galegas. Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Eulalia. Santa Baia de Barcelona, virxe e mártir, 12 de febreiro, patroa de Barcelona.

Variantes noutras linguas Asturiano: Lala, Olalla. Aragonés: OlariaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán: Eulalia, Olalla, Olaya Catalán: Eulàlia, Olalla Hipocorístico: Laia Eslovaco: Eulália Esloveno: Evlalija Éuscaro: Eulale, Olaia, Eulari. Francés: Eulalie Galego: Baia, Olalla, Olaia, Alla. Variante culta: Eulalia. Grego antigo: Ευλαλια (Eulalia) Masculino: Ευλαλιος (Eulalios) Húngaro: Eulália Inglés: Eulalia Hipocorístico: Eula, Lalia Latín: Eulalia Masculino: Eulalius Neerlandés: Eulalia Polaco: Eulalia Portugués: Eulália Ruso: Евлалия (Evlalija)

Persoeiros Baia de Mérida, mártir da época antiga. Baia de Barcelona, mártir da época antiga e patroa da cidade. Eulalio, 380, antipapa romano. Eulalia de Borbón, 1864, infanta de España, filla da Raíña Isabel II. Olaia Fernández Davila, Vigo 1954, política galega do BNG, deputada no congreso de España. Eulalia Agrelo Costas, Rianxo 1974, filóloga e ensaísta galega. Eulalie Jensen, actriz estadounidense. Laia Manetti, actriz italiana. Laia Palau, deportista española. Eulalio Gutiérrez, político mexicano.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega Outros artigos Santa Baia Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns

Categoría:Nomes femininos de orixe grega Categoría:Nomes femininos galegos