En química, un ión carbonio é un catión que ten un átomo de carbono pentavalente. O nome carbonio pode tamén usarse para designar ao membro máis simple desta clase de substancias, máis propiamente chamado metanio (), no cal as cinco valencias están completadas con átomos de hidróxeno. Doo Wan Boo and Yuan T. Lee (1995), "Infrared spectroscopy of the molecular hydrogen solvated carbonium ions, CH5+(H2)n (n=1–6)". J. Chem. Phys. volume 103, page 520;

Os ións carbonio máis simples despois do metanio teñen dous carbonos. O etanio ou acetileno protonado C2H3+ e o etenio C2H5+ son compostos similares. O ión etanio C2H7+ foi estudado como un gas extremadamente rarificado por espectroscoía infravermella. L. I. Yeh, J. M. Price, and Y. T. Lee (1989), "Infrared spectroscopy of the pentacoordinated carbonium ion C2H7+". Journal of the American Chemical Society, volume 111, pages 5591-5604.

En textos vellos da literatura química o nome "ión carbonio" era utilizado para designar o que hoxe se chama ión carbenio. As definicións actuais foron propostas polo químico George Andrew Olah en 1972. e agora son amplamente aceptadas.

Un ión carbonio estable é o complexo penta(trifenilfosfina ouro(I))metanio Ph3PAu)5C+, producido por Schmidbauer e outros.

Preparación Os ións carbonio poden obterse tratando alcanos con ácidos moi fortes. Industrialmente, fórmanse no refinado do petróleo durante o cracking térmico primario.

Notas George A. Olah (1998), "Onium Ions". John Wiley & Sons, 509 pages. ISBN 9780471148777 Office of Energy Efficiency and Renewable Energy, U.S. DOE (2006). "Energy Bandwidth for Petroleum Refining Processes"

Véxase tamén Outros artigos Máis ións carbonio chamdaos ións non clásicoss encóntranse en certos sistemas norbornil Composotos onio Carbenio Carbanión

Categoría:Intermediarios reactivos Categoría:Catións