Agar.io é un videoxogo de acción en liña masivo multixogador creado por Matheus Valadares. Cada xogador controla unha célula nun mapa que representa unha placa de Petri, e o obxectivo é gañar a maior candidade de masa absorbendo células máis pequenas e evitando a outras células meirandes. O nome do xogo provén da substancia ágar-ágar, usada en bioloxía para cultivar bacterias.

O xogo recibiu críticas xeralmente favorables pola súa sinxeleza, competitividade e mecánicas, mais tamén foi criticado negativamente pola súa repetitividade. Conseguiu un éxito notable principalmente debido á súa expansión boca a boca nas redes sociais, converténdose nun dos xogos de navegador e plataformas móbiles de maior popularidade no seu primeiro ano. O 3 de maio de 2015 anunciouse unha futura versión descargable para Steam, e a versión móbil para iOS e Android foi publicada o 8 de xullo de 2015 por Miniclip.

Mecánica de xogo O obxectivo do xogo é facer medrar unha célula absorbendo boliñas xeradas de forma aleatoria no mapa, que aumentan lixeiramente a masa da célula, e outras células máis pequenas, ó mesmo tempo que cómpre evitar resultar tragado por células máis grandes. Ten catro modos diferentes de xogo, e en todos eles o obxectivo é conseguir a célula máis grande. Os xogadores poden volver a comezar cando unha célula máis grande traga a súa, e poden cambiar a aparencia da célula empregando termos e frases predefinidas, así como con símbolos e peles. A maior masa as células móvense máis lentamente, e perden masa có tempo de forma gradual.

Desenvolvemento O brasileiro Matheus Valadares foi o desenvolvedor do xogo, e anunciono por primeira vez en 4chan o 27 de abril de 2015. Escrito en JavaScript e C++, levoulle uns poucos días rematar a súa codificación. O 8 de xullo de 2015 Miniclip publicou unha versión para móbiles iOS e Android. Sergio Varanda, executivo de Miniclip, declarou que o obxectivo principal desta versión era "recrear a experiencia do xogo" nos móbiles, citando os desafíos que comportara recrear o xogo para controis de pantallas táctiles.

Recepción Trala súa publicación recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica, en particular pola súa simplicidade, competitividade e mecánica de xogo. Engadget describiuno como "unha boa abstracción da competición pola supervivencia do máis forte que se pode ver en ocasións no nivel microscópico". Toucharcade valorou de forma positiva a súa simplicidade, elementos estratéxicos e a súa "personalidade". As críticas negativas enfocáronse principalmente na súa repetitividade e o método de control da versión para móbiles.

O xogo acadou unha rápida popularidade grazas a súa propagación polas redes sociais e a súa emisión en Twitch.tv e YouTube. No 2015 a páxina web do xogo para navegador acadou unha posición entre as 1000 páxinas web máis visitadas na clasificación de Alexa e as versións para plataformas móbiles foron descargadas máis de dez millóns de veces na súa primeira semana de publicación.

O xogo inspirou a moitos desenvolvedores a crear o seu propio Agario.

Notas Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Videoxogos de 2015 Categoría:Videoxogos de navegador Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos multixogador Categoría:Videoxogos Free-to-play