Fernando Vega Torres, nado o 3 de xullo de 1984 en Arahal (Sevilla, Andalucía), é un futbolista profesional español da canteira do Sevilla que xoga como lateral esquerdo.
Traxectoria Nado en Arahal, na provincia de Sevilla, Fernando Vega comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Sevilla FC, onde chegou a xogar dúas temporadas completas co segundo equipo na Segunda División B. No ano 2005 da o salto de categoría e asina polo Lorca da Segunda División, onde destaca, chegando a xogar 39 partidos. A súa boa temporada fai que o Real Betis da Primeira División se fixe nel, asinando polo conxunto sevillano como libre en xullo de 2006. O seu debut en Primeira sería o 26 de agosto, nun partido ante o Valencia CF no Estadio de Mestalla que se saldaría cunha derrota por 2-1. Pouco a pouco faríase coa titularidade no equipo "verdiblanco" por diante do xa veterano internacional Enrique Romero. Debido a súa popularidade chegouse a formar unha peña bética co seu nome.
A pesar de renovar o seu contrato co equipo sevillano até xuño de 2014, tras xogar tan só seis encontros na temporada 2010–11 o xogador decide rescindir o seu contrato en xaneiro de 2012. Despois dunha infrutuosa tentativa de fichaxe polo Portsmouth inglés, asina polo Recreativo de Huelva equipo Segunda División que procuraba a súa volta a Primeira. Tras o descenso do seu equipo na temporada 2014-15, o 31 de agosto de 2015 asina polo Club Deportivo Lugo.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesSevilla BSegunda B2002–200320Sevilla BSegunda B2003–2004330Sevilla BSegunda B2004–2005360LorcaSegunda2005–2006390BetisPrimeira2006–2007170BetisPrimeira2007–2008310BetisPrimeira2008–2009310BetisSegunda2009–2010302BetisSegunda2010–201160RecreativoSegunda201280RecreativoSegunda2012–2013242RecreativoSegunda2013–2014292RecreativoSegunda2014–2015160LugoSegunda2015–2016
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en Soccer Way
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Arahal Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Lorca Deportiva CF Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do CD Lugo