A AP-15 ou Autoestrada de Navarra é unha autoestrada do norte de España. que percorre a Comunidade Foral de Navarra de norte a sur. Comeza no enlace 17 da AP-68 á altura de Tudela, e finaliza en Irurtzun, onde continúa baixo a denominación de A-15 cara a Donostia, tendo unha lonxitude total de 112,15 km. En Irurtzun comeza tamén a A-10 en dirección a Vitoria.

A autovía foi construída entre 1974 e 1980. Está dividida en dous tramos (Tudela-Pamplona e Pamplona-Irurtzun) ambos os dous unidos por un tramo de autoestrada libre de peaxe, a rolda de Pamplona Oeste (A-15).

A Sociedade Concesionaria da autoestrada é a empresa Autoestradas de Navarra, S.A., máis coñecida polo seu acrónimo «Audenasa» cuxo 50% pertence ao grupo Itínere e o outro 50% restante ao Goberno de Navarra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de autoestradas e autovías de España

Categoría:Autoestradas interurbanas de España