Eneko Goia Laso, nado en Donostia o 30 de outubro de 1971, é un político español, membro do Partido Nacionalista Vasco. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Donostia.
Biografía Eneko Goia naceu no barrio donostiarra de Amara o 30 de outubro de 1971. Estudou nos colexios Ikasbide Ikastola e Barandiaran Lizeoa. Licenciouse en Dereito na Universidade do País Vasco para máis tarde diplomarse en Dereito da Unión Europea na Universidade de Deusto. Foi profesor no Instituto de Mercadotecnia do País Vasco.
Entre a súa actividade política, vinculada ao Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), destaca a de Deputado no Parlamento Vasco (2005-2007), Deputado Foral de Infraestruturas Viarias na Deputación Foral de Guipúscoa (2007-2011) e concelleiro e voceiro do Partido Nacionalista Vasco, na oposición, no Concello de Donostia na lexislatura 2011-2015. No ano 2015 é elixido alcalde da cidade mediante un acordo de goberno realizado co Partido Socialista de Euskadi.Eneko Goia, novo alcalde de Donostia
Notas
Categoría:Alcaldes de Donostia Categoría:Políticos do PNV Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1971 Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto