Serge Sidoine Tchaha Leuko, coñecido como Serge Leuko, nado o 4 de agosto de 1993 en Douala, é un futbolista profesional internacional camerunés, que xoga como lateral no Club Deportivo Lugo de La Liga 2.
Traxectoria Nado en Douala, aterrou en España no verán de 2008 tras participar en varias ocasiónw en torneos da Fundación Samuel Eto'o. Sería o Real Club Deportivo Mallorca o equipo que se fixa nel para dar o salto aos terreos de xogo. Tras unha tempada no club mallorquí, Leuko xogou no Ciutadella e posteriormente no Torre Levante. Na temporada 2011-12 chega ao Valencia Club de Fútbol para xogar no xuvenil da División de Honra, xusto despois de xogar Mundial Sub-20 de Colombia, onde Leuko xogou 3 dos catro partidos que disputou a . Co equipo xuvenil gaña o campionato do Grupo VII. Na seguinte temporada o xogador pasa formar parte do Valencia Mestalla, filial do equipo valencianista que milita na Segunda División B, onde permanece tres temporadas. Tras finalizar o seu contrato no equipo valenciano asina por tres temporadas co Club Deportivo Lugo da Segunda División. Tras un primeiro ano cedido á UD Somozas da Segunda División B, onde destaca xogando 28 partidos, a seguinte temporada retorna ao club albivermello. Tras comezar a temporada 2016−17, o 19 de setembro, é chamado pola , aínda que finalmente é desconvocado. En marzo de 2017, tras facerse co posto no lateral esquerdo do Lugo é de novo chamado pola súa selección, debutando o 28 de marzo na derrota ante Guinea por 1−2.. Leuko converteuse así no primeiro xogador do club lucense en ser internacional mentres era membro do equipo.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesValencia BSegunda B2012−2013231Valencia BSegunda B2013−2014200Valencia BSegunda B2014−2015260UD SomozasSegunda B2015−2016281
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web da FIFA Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en La Preferente
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Douala Categoría:Futbolistas do Camerún Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da UD Somozas