miniatura|dereita|Clípeo amarelo dunha abella. miniatura|dereita|Pezas que forman a cabeza dun insecto prototípico, co clípeo de cor turquesa. O clípeo (do latín clypeus ou clipeus, antigo escudo grecorromano) é un dos escleritos ou pezas do exoesqueleto que forman a "face" dun artrópodo. Nos insectos, o clípeo delimita a marxe inferior da cara, e leva o labro (labrum) articulado ao longo da súa marxe ventral. As mandíbulas rodean o labro pero non tocan o clípeo. A marxe dorsal do clípeo está debaixo doas insercións das antenas antenas. O clípeo está a miúdo ben definido polos sucos (sulci) que hai ao longo das súas marxes laterais e dorsais, e é xeralmente de forma rectangular ou trapezoidal.
O post-clípeo é unha estrutura grande parecida a un nariz que se encontra entre os ollos e constitúe a maioría da parte frontal da cabeza nas cícadas.
Nas arañas, o clípeo defínese xeralmente como a área situada entre a beira anterior do cefalotórax e os ollos anteriores.
Notas
Categoría:Termos zoolóxicos