miniatura|Un LNB, presente diante dunha antena parabólica.

Un Conversor de Baixo Ruído ou LNB (polas súas siglas inglesas, Low Noise Block) é un equipamento que se atopa nas antenas parabólicas usado para a recepción de sinais de satélites emitidos nunha faixa de frecuencia de ondas electromagnéticas de tipo microondas, e en dúas bandas, xeralmente, unha Banda C e a outra unha Banda Ku.

O LNB capta o sinal e fai unha redución da súa frecuencia para ser levado despois o sinal ao cable coaxial que está ligado ao receptor. Xeralmente a faixa de frecuencia usada é a da chamada Banda L correspondente á frecuencia en Banda C e/ou Banda Ku.

O principio que rexe o funcionamento electrónico dun LNB é o do Super-heterodino.

Exemplos de LNB's

LNB na Banda-C Este é un exemplo dun LNB de Banca C de Norteamérica. Oscilador local: 5.15 GHz Frecuencia: 3.40-4.20 GHz Figura de ruído: intervalos de 25-100 Kelvin. Polarización: Linear

Tensión de alimentación Frecuencia LO Polarización Recibida Frecuencia da Banda recibida IF Faixa usado 13 V 5.15 GHz Vertical 3.40-4.20 GHz 950-1750 MHz 18 V 5.15 GHz Horizontal 3.40-4.20 GHz 950-1750 MHz

LNB na Banda-Ku Banda Ku, padrón do LNB na América do Norte.

Aquí está un exemplo dun LNB linear: Oscilador local: 10.75 GHz Frecuencia: 11.70-12.20 GHz Figura de ruído: 1 dB. Polarización: Linear

Tensión de alimentación LO Frecuencia Polarización Recibida Frecuencia da Banda recibida IF Faixa usado 13 V 10.75 GHz Vertical 11.70-12.20 GHz 950-1450 MHz 18 V 10.75 GHz Horizontal 11.70-12.20 GHz 950-1450 MHz

LNB Universal ("Astra" LNB) thumb|143x143px|Astra tipo LNBF Aquí é un exemplo dun LNB universal utilizado en Europa: Figura de ruído: 0.2 dB típico Polarización: Linear

Tensión de alimentación Ton de abastecimento LO Frecuencia Polarización Recibida Frecuencia da Banda recibida IF Faixa usado 13 V 0 kHz 9.75 GHz Vertical Baixo (10.70-11.70 GHz) 950-1950 MHz 18 V 0 kHz 9.75 GHz Horizontal Baixo (10.70-11.70 GHz) 950-1950 MHz 13 V 22 kHz 10.60 GHz Vertical Alto (11.70-12.75 GHz) 1100-2150 MHz 18 V 22 kHz 10.60 GHz Horizontal Alto (11.70-12.75 GHz) 1100-2150 MHz

LNBF (Low-noise Block Converter "Feed Horn") É un tipo de LNB capaz de seleccionar a localización dos satélites e a codificación das canles recibidas a través dunha variación na súa tensión de alimentación, non sendo así necesario o uso dun polo-rotor, que xeraba problemas.

É un LNB co "Feed Horn" integrado. Moitas veces o "F" é omitido, como o LNB Ku, que a pesar de o alimentador estar integrado, non é común denominalo LNBF Ku.

Categoría:Tecnoloxía da televisión