A ábsida central de San Clemente de Taüll (en ) é unha pintura mural que pertence ó conxunto da igrexa de San Clemente de Taüll de La Vall de Boí, lugar onde se atopa a meirande concentración de arte románica de toda Europa, cunha igrexa por cada 25 km². O conxunto de igrexas románicas de La Vall de Boí foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000.

Os trazos característicos e diferenciais desta obra, realizada polo autor coñecido como Mestre de Taüll, fan que sexa considerado «un dos exemplos máis puros da arte románica europea» e «unha das iconas máis representativas do románico catalán, especialmente pola forza que se reflicte na súa faciana». Trasladada baixo a dirección de Puig i Cadafalch a comezos do século XX, a obra está exposta no Museo Nacional de Arte de Cataluña, o museo coa mellor colección de pinturas murais románicas do mundo.

Historia miniatura|Igrexa de San Clemente de Taüll. miniatura|Inscrición nunha columna da igrexa de San Clemente coa data da consagración. A igrexa de San Clemente de Taüll foi consagrada por Ramon Guillem, bispo de Roda, no ano 1123, tal como o proba a data pintada nunha das columnas da nave, data á cal se asocia a creación da pintura mural da ábsida central:

Segundo o historiador Joan Ainaud de Lasarte, asóciase a consagración da igrexa coa reconquista definitiva de Barbastro e Zaragoza e outros núcleos como Tudela, Daroca e Calatayud. Segundo esta teoría, o rei de Aragón, Afonso o Batallador, recompensou economicamente os exércitos non aragoneses que participaron na reconquista destes territorios, entre os cales había cataláns como o conde de Pallars e a familia Erill; baixo esta último familia estivo o dominio feudal de La Vall de Boí, co cal o bispo Ramon Guillem mantiña unha estreita relación. As pinturas murais de San Clemente de Taüll puideron terse levado a cabo grazas a estas ganancias.

Co paso do tempo, as pinturas románicas quedaron agochadas detrás de retablos, do cal ou perdéronse para sempre, até que a comezos do século XIX, coa vontade de recuperación da cultura catalá que se produciu na Renaixença, recuperaron importancia.

Redescubrimento No ano 1904 o arquitecto Lluís Domènech i Montaner, acompañado seguramente polo fotógrafo Adolf Mas, fixo un estudo científico da maioría das igrexas románicas de La Vall de Boí. Entre outras, realizaron a primeira fotografía que se coñece do interior da igrexa, onde se pode ver parte dos frescos románicos detrás do retablo gótico de madeira. No ano 1907, o Institut d'Estudis Catalans levou a cabo unha expedición en San Clemente de Taüll que culminou coa publicación dun traballo co obxectivo de dar a coñecer a obra. Anos despois, en 1915, alertouse sobre o interese en comprar pintura mural dos Pireneos cataláns que mostraban coleccionistas privados estadounidenses (tales como Hearst, Widener, Kress ou Rockefeller) e do espolio ao cal estaban sometidas as obras. Algúns reitores da zona xa venderan algunhas pezas a coleccionistas e museos.Estamariu «7. L'art exiliat del Pirineu»

Traslado e exposición Perante esta situación, e atendendo aos principios de difusión e preservación do patrimonio catalán pola cal foi creada, a Xunta de Museos de Cataluña levou a cabo, entre 1919 e 1923, a primeira campaña de retirada e traslado de pinturas murais dos Pireneos, entre as que se atopaba o conxunto de San Clemente de Taüll. A ábsida central atopábase cuberta en gran parte por un retablo gótico, tal como demostra a primeira fotografía realizada en 1904 por Domènech i Montaner.

A técnica para a retirada, chamada strappo, foi introducida en Cataluña polo restaurador italiano Franco Steffanoni, contratado para a campaña de salvagarda das pinturas murais de Taüll. Esta técnica consiste no desprendemento da capa pictórica sen morteiro. Aplícanse dúas capas de telas de cotón sobre a superficie pictórica limpa cunha cola orgánica quente; unha vez seca, a cola contrae a superficie e arrinca a capa pictórica da pintura.

Unha vez arrincadas as telas, foron enroladas e embaladas en caixas de madeira. As pinturas murais de Taüll foron transportadas con mulas até La Pobla de Segur, dende onde se trasladaron en tren e camións até Barcelona, onde foron custodiadas no daquela Museo de Arte de Cataluña, con sede na Ciutadella. Posteriormente, en 1934 foron trasladadas ao Palau Nacional, actual sede do Museo Nacional de Arte de Cataluña.

Guerra civil Por mor da guerra civil española e o perigo de sufrir un bombardeo, as obras foron trasladadas de novo, xunto con outras ábsidas románicas, a Olot e outras vilas pequenas como por exemplo Darnius.

Co galllo da Exposición Internacional de París de 1937 organizouse unha exposición para denunciar a situación política do país. Baixo o título L'art catalan du Xe au XVe siècle, expuxéronse moitas das obras do museo, entre elas a ábsida de San Clemente, dende o 18 de marzo até o 10 de abril de 1937 no Jeu de Paume de París. Posteriormente expuxéronse tamén en Maisons-Laffitte até o 20 de maio. Joaquim Folch i Torres, daquela director do museo, fixo unha nova proposta de exposición das ábsidas románicas, que xa constituían unha parte moi importante das obras do museo. Creáronse uns falsos marcos arquitectónicos que evocaron os orixinais das igrexas.

Logo de rematar a guerra, a colección regresou ao Palau en 1940, e reinauguráronse as salas de arte románica o 12 de xuño de 1942 baixo a dirección de Xavier de Salas.

Reprodución no lugar orixinal Nun principio non se propuxo a reprodución da pintura mural de San Clemente de Taüll na igrexa orixinaria. Porén, por mor do crecente recoñecemento que desfrutou a igrexa e das numerosas visitas que recibiu logo da recuperación das pinturas, no ano 1959 encargóuselle unha réplica a Ramon Millet. O artista, que traballou durante dous anos, creou a réplica por anacos e a unha escala inferior ca a orixinal.

Durante os anos 2000 e 2001 descubríronse algúns fragmentos de pinturas murais dentro da igrexa de San Clemente de Taüll, que no presente se manteñen no lugar.

En marzo de 2013 comezou a retirada das pinturas realizadas por Ramon Millet para levalas a outro espazo en exposición en La Vall de Boí, para proceder a unha representación das pinturas murais orixinais mediante a técnica do video mapping con proxeccións en 3D sobre os muros. A proxección consta de dúas partes: por unha banda, a presentación das pinturas que se atopan no Museo Nacinoal de Arte de Cataluña e, por outra banda, represéntase a igrexa policromada, tal como se cre que podía ser na data da súa construción.

En novembro de 2013 presentouse o novo sistema de representación. O proxecto consiste na reconfiguración do espazo orixinal da ábsida co fin de expoñer toda a súa complexidade pictórica e de estabelecer unha nova planta na ábsida para mellorar a funcionalidade da igrexa. Tamén se instalou unha reprodución virtual que recrea as pinturas orixinais da ábsida e de todo o presbiterio. A recreación fíxose mediante proxección audiovisual (mapping). Previamente, retiráronse as imaxes da ábsida que expuxeron até daquela, reproducións das orixinais, restauráronse todos os anacos de pintura orixinal que quedaban ao seu arredor, nos muros da ábsida. Tamén se habilitou unha nova iluminación que permite salientar as pinturas orixinais existentes na igrexa. O orzamento desta actuación na igrexa de San Clemente de Taüll foi de 400.000 euros, achegados integramente por unha entidade financeira.

Autor O autor da ábsida é coñecido como Mestre de Taüll no mundo da historia da arte, do cal se coñecen poucos datos. Durante a Idade Media, os que hoxe son considerados artistas eran daquela artesáns que poñían as súas capacidades artísticas ao servizo de abades, bispos e señores; o seu oficio estaba ao nivel de calquera outro. Existen dúas teorías sobre a procedencia do autor que apuntan cara a direccións diferentes. Por unha banda, a primeira postula que se trataba dun mestre estranxeiro, de orixe italiana, que contaba coa axuda de colaboradores de menos traza (como amosan as figuras dos serafíns)VVAA, Visualart. «Les pintures de l'absis de Sant Climent de Taüll»(2002), p. 155 e que adquirira e empregara técnicas hispánicas; por outra banda, a segunda teoría sinala que era un artesán local.

Cómpre ter presente a dificultade de estabelecer delimitacións estilísticas no tocante á pintura románica europea, xa que os artistas a miúdo traballaban para múltiples cortes e abadías, achegando e adquirindo elementos doutros estilos. A forte expansión de manuscritos medievais e a falta de novas ideas propiciou tamén o traspaso estilístico dos libros á pintura mural.VVAA. El románico (1996), p. 406 O Mestre de Taüll é, segundo os expertos, unha mostra da converxencia de difusión de novas correntes, de coñecemento dos mestres e de capacidade de adaptalos cunha técnica e personalidade propias.

Pinturas murais miniatura|Pintura orixinal in situ que representa san Clemente. A pintura mural da ábsida central da igrexa de San Clemente de Taüll forma parte do conxunto pictórico que comprende tamén a decoración dos arcos triunfais, a da ábsida lateral, a inscrición de consagración e unha fiestra anterior. Hai máis pintura in situ.

Pintura in situ Na parte frontal de separación entre a ábsida maior e a do costado norte hai unha imaxe de san Clemente. Dentro desta maesma absidiola atópanse restos de pinturas decorativas na parte inferior, así como un animal de catro patas na parte superior dereita do fondo, sobre unha franxa de decoración xeométrica. Na parte frontal de separación da ábsida maior coa ábsida sur, facendo parella co san Clemente da parte norte, atópase a representanción de san Cornelio. No interior do primeiro arco de triunfo do costado dereito pódese ver unha escena onde probabelmente se representa o momento da morte de Abel a mans do seu irmán Caín. Na ábsida central (ou maior) atopáronse unhas pinturas de orlas decorativas que non foron extraídas en 1920 e que se manteñen na mesma igrexa.

Pintura no MNAC A carón do muro esquerdo do primeiro arco triunfal, onde está o Agnus Dei, represéntanse as figuras de dous personaxes descoñecidos, e baixo eles desenvólvese unha escena na cal un can lambe as feridas de Lázaro o leproso diante da porta do rico Epulón. Esta parábola aparece no evanxeo de san Lucas e está presente na decoración doutras igrexas románicas como a de San Xoán de Boí. No segundo arco, máis achegado á ábsida, está representada A man dereita de Deus (Dextera Domini).

Nunha absidiola lateral (a do lado do Evanxeo) hai restos da decoración mural que representaba, sobre un fondo de bandas de cores, un coro de seis anxos, dos cales só quedan dous fragmentos a lado e lado da pequena fiestra central. Crese que estas pinturas foron realizadas por outro autor de menos calidade ca o Mestre de Taüll e que podería ter traballado tamén na igrexa de Santa María de Taüll na mesma poboación.

Composición A cronoloxía das pinturas toma como referencia a inscrición pintada que se conservou sobre unha columna do lado do Evanxeo, a cal nomea a consagración da igrexa no ano 1123 e presenta os caracteres do mesmo tipo que as diferentes inscricións das pinturas da ábsida.

A obra da ábsida, ao servizo do tema relixioso, está representada mediante temas antinaturalistas e de abstracción, con trazos simplificados e cambios cara a modelaxe xeométrica das formas naturais humanas, seguindo as características comúns da arte románica. Trátase dunha Maiestas Domini (e non dun Pantocrátor) a epifanía do Deus lexislador, todopoderoso, que vén xulgalo pobo.

A ábsida de San Clemente de Taüll presenta un colorido con tons amplos e liñas negras que configuran os contornos das imaxes representadas. A composición estrutúrase en varios rexistros: