Kenneth Wilbur Anglemeyer, nado en Santa Monica (California) o 3 de febreiro de 1927 e finado en Yucca Valley (California), o 11 de maio de 2023, foi un director de cinema underground, autor e actor estadounidense.
Traxectoria Anger é coñecido polos seus filmes experimentais, nos que non buscaba alcanzar o éxito comercial. Especializouse en curtametraxes, facendo desde 1937 máis de corenta filmes, gañando fama coma un dos cineastas máis influentes do cinema independente.
Moi frecuentemente os seus filmes mesturan elementos do surrealismo co homoerotismo e o ocultismo. Os seus filmes tamén foron descritos como "contidos de erotismo, documental, psicodrama e espectáculo". Anger describiuse a si mesmo como sendo "un dos primeiros cineastas homosexuais dos Estados Unidos, e, certamente, o primeiro que traballou coa homosexualidade de forma nada discreta. Algúns dos seus principais filmes homoeróticos, tales como Fireworks (1947) e Scorpio Rising (1964), foron producidos a favor da legalización da homosexualidade nos Estados Unidos. Concentrouse tamén nos temas do ocultismo, tornándose obcecado polo famoso ocultista inglés Aleister Crowley. El mesmo, máis tarde, volveuse tamén seguidor da Thelema, a relixión de Crowley. Esta influencia é bastante evidente en filmes como Inauguration of the Pleasure Dome (1954), Invocation of My Demon Brother (1969) e, principalmente, Lucifer Rising (1972).
Anger dixo que os cineastas franceses Auguste e Louis Lumière e Georges Méliès son as súas influencias, e dixo tamén que foron unha forte influencia nos traballos de cineastas contemporáneos, como Martin Scorsese, David Lynch e John Waters. Ademais dixo tamén que causou "un impacto profundo no traballo de moitos cineastas e artistas".
Durante a década de 1960 e 1970 traballou e asociouse con diversos famosos da cultura popular e do ocultismo, incluíndo Anton LaVey (fundador da Igrexa de Satán), o sexólogo Alfred Kinsey, o artista Jean Cocteau, o dramaturgo Tennessee Williams e músicos como Mick Jagger, Keith Richards, Jimmy Page e Marianne Faithfull.
Kenneth Anger é tamén o autor dos controvertidos best-séllers Hollywood Babylon (1959) e a súa secuela Hollywood Babylon II (1986), nos que expón varios rumores e segredos sobre as celebridades de Hollywood.
Filmografía Ano Título Duración Notas1937Ferdinand the BullFilme perdido.1941Who Has Been Rocking My Dreamboat 7 minFilme mudo en branco e negro no que Anger filmou doce nenos en Santa Monica, intercalando imaxes de guerra e destrución. O filme remata cando unha néboa enche todo o escenario e todos os nenos caen, aparentemente mortos.1941–42Tinsel Tree3 minFilme mudo en branco e negro no que aparece o propio Anger.1942Prisoner of Mars11 minFilme mudo en branco e negro que mestura ciencia ficción co mito grego do Minotauro.1943The Nest20 minFilme mudo en branco e negro no que un irmán (interpretado por Bob Jones) e unha irmá (interpretada por Jo Whittaker) están examinando espellos cando unha terceira persoa (Dare Harris) aparece, facéndolles reaccionaren violentamente un co outro.1944Demigods (Escape Episode)35 minFilme mudo en branco e negro, baseado no mito grego de Andrómeda, no que unha rapaza, Marilyn Granas, é aprisionada nas ruínas dunha igrexa neogótica, vixiada por diversos fanáticos relixiosos, ata que a salva un rapaz (Bob Jones), que representa a Perseo.1945Drastic Demise5 minFilme mudo en branco e negro no que Anger filma en Hollywood o día da vitoria contra o Xapón.1946Escape Episode27 minVersión curta de Demigods (Escape Episode), que mostra un poema de Alexander Scriabin sobre o Ecstasy, sobreposto ao barullo de paxaros, vento e mar.1947Fireworks15 minFilmado en branco e negro, é un traballo homoerótico a través dos ollos do protagonista, interpretado polo propio Kenneth Anger.1949Puce Moment6 minFilmado en cores, mostra a Yvonne Marquis na súa casa, no papel dunha celebridade. A música é de Jonathan Halper, e o filme termina con Yvonne Marquis experimentando perfumes e vestidos.1949The Love That WhirlsDescoñecidoInfluenciado polo texto antropolóxico de James Frazer, o filme se concentra na civilización azteca, e mostra un mozo que é escollido para ser rei durante un ano antes de ser sacrificado nun ritual. Debido ao seu tema e contido explícito, que mostra nudez, o filme foi destruído pola Eastman-Kodac.1950Rabbit's Moon16 mins (1972) e 7 mins (1979)Filmado en 35 mm, o filme mostra un pequeno clareiro arborizado onde vive un pallaso, que decide ir á lúa, onde vive un coello.1951–52Les Chants de MaldororDescoñecidoFilme baseado na novela Le Comte de Lautreamont, de Isidore Ducasse.1953Eaux d'Artifice12 min1953Le Jeune Homme et la MortDescoñecidoBaseado nunha peza de Jean Cocteau, este filme mudo en branco e negro ten a Jean Babilee no papel do mozo e a Nathalie Philipart no papel da morte. Foi filmado en 16 mm, pois os produtores querían conseguir fondos para facer unha versión en cores en 35mm que nunca se concretou.1954Inauguration of the Pleasure Dome38 min1955Thelema Abbey10 minDocumental sobre o mosteiro de Thelema de Aleister Crowley, en Sicilia.1961L'Histoire d'O20 minBaseado na novela Histoire d’O, de 1954, escrita por Pauline Réage.1963Scorpio Rising29 min1965Kustom Kar Kommandos3 minFilme en cores.1969Invocation of My Demon Brother12 min1970–1980Lucifer Rising29 min1976Senators in BondageFilme perdido.1977Matelots en MenottesFilme perdido.1979Denunciation of Stan Brakhage7 minFilme perdido.2000Don't Smoke That Cigarette!2002The Man We Want to Hang12 min2004Anger Sees Red4 min2004Patriotic Penis2005Mouse Heaven11 minMontaxe de recordos de Mickey Mouse, dos anos 20 aos 30, acompañado por música de jazz.2007Elliott's Suicide15 min2007I'll Be Watching You5 min2007My Surfing Lucifer4 minFilme mudo en cores.2008Death42 s2008Foreplay7 min2008Ich Will!35 min2008Uniform Attraction21 min2010Missoni2 min 32 s
Bibliografía Year Title Other 1959 Hollywood Babylon 1961 A History of Eroticism Introdución ao libro de Lo Duca. 1970 Atlantis: The Lost Continent Introdución ao libro de Aleister Crowley. 1986 Hollywood Babylon II 2001 Suicide in the Entertainment Industry Con David K. Frasier.
Véxase tamén Bibliografía Hutchinson, Alice L. (ed). 2004. Kenneth Anger. Black Dog Publishing Ltd. ISBN 978-1-904772-03-3 Hunter, Jack (ed). 2002. Moonchild. The Films of Kenneth Anger: Persistence of Vision Volume 1. Londres: Creation Books. ISBN 978-1-84068-029-4 Pilling, Jayne and O'Pray, Michael. 1989. Into The Pleasure Dome: The Films Of Kenneth Anger. Londres: BFI. Landis, Bill. 1995. Anger: The Unauthorized Biography of Kenneth Anger. ISBN 978-0-06-016700-4 Lazar, Zachary, Sway, Little, Brown (2008), ISBN 0-316-11309-3 Ligazóns externas Páxina oficial
Artigo sobre Kustom Kar Kommandos NNDb profile
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Santa Monica Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa