El corazón del océano foi unha miniserie de televisión española, baseada no drama e producida por Globomedia e a Colombiana Dynamo Producciones para a canle Antena 3. Foi estreada o 27 de xaneiro de 2014 e finalizou o 5 de marzo de 2014.Antena 3 intensifica a promoción de 'El corazón del océano' Trátase da adaptación do libro homónimo de Elvira Menéndez González.Hugo Silva súmase á TV movie 'El corazón del océano' de Antena 3
Sinopse Alonso, un mozo galego, ten que fuxir da súa aldea porque matou por accidente ao fillo máis novo do conde Raña. Para salvarse, parte cara a Sevilla para embarcar cara ao Novo Mundo. Leva unha carta de recomendación para Juan de Sanabria, o Adiantado do Río da Prata, que prepara unha expedición a Asunción.
Doña Mencía de Calderón, a muller do Adiantado, reúne oitenta mozos de familias fidalgas sen recursos para que viaxen con ela e as súas dúas fillas a Asunción. Alí casarán cos españois que se instalaron na cidade. Ana é unha das mozas que aceptan viaxar con Mencía. Como sabe ler e escribir convértese na secretaria da Adiantada.
Alonso chega a Sevilla acompañado de Pelayo, un mozo pícaro e sen familia, ao que coñeceu no camiño. Os dous fixéronse amigos e xuntos sobreviven como poden na cidade á espera da chegada do Adiantado. No porto, Alonso coñece a Ana e quédase impactado con ela. A moza, que ten unha imaxinación desbordada, namorouse do aposto capitán Salazar, o veterano navegante e conquistador que guiará os barcos ata as novas terras.
A expedición parte cara ao Novo Mundo en tres barcos. Salazar capitanea un deles, a nave San Miguel, no que vai dona Mencía coas doncelas. Durante a travesía, desátase unha gran tormenta que afasta a San Miguel dos outros dous barcos e deixa a nao maltreita e á deriva. A tripulación do barco terá que superar varios obstáculos no seu traxecto para chegar ata o fin da expedición.
Personaxes Hugo Silva é Juan de Salazar Ingrid Rubio é Mencía Calderón Clara Lago é Ana de Rojas Álvaro Cervantes é Alonso Ferrán Vilajosana é Pelayo Hiba Abouk é Guadalupe María Cantuel é María de Sanabria Víctor Clavijo é Hernando Trejo Ane Gabarain é Doña Sancha Vida Torres é Pola Ilja Rosendahl é Ulrico Schmidels Juan David Agudelo é Fray Carrillo Marian Zapico é Isabel Contreras Didier van der Hove é Francisco Becerra Daniel Holguín é Rui Peña Dani Herrera é Bernardí
Capítulos e audiencias Temp. Capítulos Estrea Final Audiencia media Espectadores Cota 1 6Clara Lago e Álvaro Cervantes, protagonistas tamén de 'El corazón del océano' 27 de xaneiro de 2014Antena 3 estrea 'El corazón del océano' o próximo luns 27 de xaneiro 5 de marzo de 2014 2 520 000 13,2%
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas El corazón del océano no sitio web de Antena 3
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3 Categoría:Series de televisión ambientadas no século XVI