Vis a vis foi unha serie de televisión española de xénero dramático, suspense e carcerario, producida por Globomedia para Antena 3. Estreouse o 20 de abril de 2015 como líder da noite, cun 22,4% de cota de pantalla e unha media de 4.308.000 espectadores. O 26 de maio de 2015 a serie foi renovada por unha segunda tempada. O 6 de xullo de 2017 anunciouse oficialmente que FOX Networks Group España, Atresmedia e Globomedia alcanzaron un acordo para a produción da terceira tempada, estrenada en FOX o 23 de abril de 2016. No 2018 confirmouse oficialmente, tamén, a cuarta tempada e en xaneiro de 2019 confirmouse oficialmente que a cuarta tempada da serie sería a derradeira e contaría cun final pechado.
O derradeiro capítulo emitiuse o 4 de febreiro de 2019.
Historia A serie íbase a chamar orixinalmente Mosquita muerta, pero Antena 3 cambioulle o nome por Vis a vis antes da súa estrea, non chegando a utilizarse en ningún memento de forma oficial.
Sinopse Macarena (Maggie Civantos) é unha moza inxenua que, por amor ao seu xefe, comete varios delitos de manipulación e malversación de contas na empresa na que traballa. É descuberta e acúsase de catro delitos fiscais, polo que é recluída no cárcere Cruz del Sur de forma preventiva. Alí terá que enfrontarse ao choque emocional que supón para ela entrar no cárcere, e ás complicadas relacións entre as reclusas, entre as que destaca Zulema (Najwa Nimri), a interna máis perigosa do centro. O cárcere será un lugar onde pronto descubrirá que as posibilidades de sobrevivir aos sete anos que piden de condena, pasan por cambiar, evolucionar e converterse noutra persoa moi distinta. É a transformación dunha persoa inofensiva, aparentemente incapaz de facer dano, nunha supervivente que vai deixando atrás os seus escrúpulos.
Personaxes Maggie Civantos é Macarena Ferreiro, presa. María Salgueiro é Encarna Molina, nai de Macarena. Carlos Hipólito é Leopoldo Ferreiro, pai de Macarena. Daniel Ortiz é Román Ferreiro, irmán de Macarena. Najwa Nimri é Zulema Zahir, presa perigosa. Berta Vázquez é Estefanía Cavilos "Rizos", presa. Alba Flores é Saray Vargas de Jesús, presa. María Isabel Díaz Lago é Soledad "Sole" Núñez, presa. Inma Cuevas é Ana Belén "Anabel" Vila, presa. Laura Baena é Antonia Trujillo, presa. Marta Aledo é Teresa "Tere" González, presa. Dunia Rodríguez é María Prieto "Casper", presa. Belén Cuesta é Yolanda Montero, presa. Roberto Enríquez é Fabio Martínez, funcionario da prisión. Alberto Velasco é Antonio Palacios, funcionario da prisión. Harlys Becerra é Ismael Valbuena, funcionario da prisión. Ana Labordeta é Paloma Garrido "La Gobernanta", funcionaria da prisión. Cristina Plazas é Miranda Aguirre, directora da prisión. Ramiro Blas é Carlos Sandoval, médico da prisión. Jesús Castejón é o Inspector Castillo. Marcos Zhang é o Inspector Ling Chun. Adryen Mehdi é Hanbal Hamadi "El Egipcio", fuxitivo e noivo de Zulema. Ramón Rados é Simón Mateos, xefe de Macarena.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3