Bombardier Aviation é unha construtora aeronáutica canadense que forma parte do grupo Bombardier Inc. A compañía compite coa brasileira Embraer por ser o terceiro fabricante de avións máis grande do mundo tras Boeing e Airbus. A súa sede atópase en Dorval, Quebec.

Historia Tras 30 anos dedicándose aos ferricarrís, no ano 1986 Bombardier Inc. decidiu entrar no sector aeronautico e mercou Canadair en 1986, recuperando a súa rendibilidade. Posteriormente mercou en 1989 a empresa de Belfast Short Brothers, que estaba a piques de quebrar. Ao pouco tempo, en 1990, faríase coa xa quebrada Learjet Company de Wichita, Kansas, fabricante de avións executivos, e finalmente en 1992 adquiriría a subsidiaria de Boeing de Havilland Aircraft of Canada baseada en Toronto, Ontario, que nese momento estaba a dar perdas.

A división aeroespacial representa na actualidade a metade dos beneficios da compañía. Os avións máis populares de Bombardier son as familias de avións rexionais Dash 8, CRJ100/200/440, e CRJ700/900/1000. Tamén fabrica os anfibios Bombardier 415, habituais nos ceos galegos no verán, e os avións executivos Global Express e Challenger. Learjet é subsidiaria de Bombardier e continúa baseada en Wichita.

Avións Reactores executivos actuais miniatura|Bombardier Global

Learjet 40 XR Learjet 45 XR Learjet 70/75 Bombardier Challenger 300 Bombardier Challenger 600 series 605 Bombardier Global Express XRS/5000/6000 Bombardier Global 7000/8000, lanzado en 2010, introducido en 2018/2019.

Reactores executivos antigos Learjet 35 Learjet 55 Learjet 60 XR Learjet 85 Bombardier Challenger 850

Reactores comerciais actuais miniatura|Lufthansa Regional CRJ-200 miniatura|Bombardier CSeries CS100 Flight Test Vehicle (FTV1) at Mirabel

Bombardier CRJ700 series/900/1000 (70-100 pasaxeiros) Bombardier CSeries (100-160 pasaxeiros), con raíces no concepto BRJ-X (Bombardier Regional Jet eXpansion) de 80-110 asentos.

Reactores comerciais antigos Bombardier CRJ200/100 (50 pasaxeiros)

Turbohélices actuais Bombardier Dash 8 Q400

Turbohélices antigos Canadair CL-415 Short 330 Short 360

Avións militares Short Tucano

Vehículos aéreos non tripulados Bombardier CL-327 Guardian

Notas

Ligazóns externas Páxina da compañía

Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas do Canadá Categoría:Transporte no Canadá