Jacques Léon Louis Frédérix, nado en Ixelles (Bélxica) o 21 de xullo de 1885 e finado en Prangins (Suíza) o 24 de maio de 1948 foi un actor, guionista e director belga coñecido como Jacques Feyder, que traballou especialmente no cinema francés. Nacionalizouse francés en 1928.
Traxectoria Feyder estudou na École régimentaire de Nivelles e estaba destinado a unha carreira militar. Porén, aos vinte e cinco anos marchou a París, onde comezou a interesarse na interpretación, primeiro no teatro e logo no cinema, adoptando o nome artístico de Jacques Feyder.
Uniuse á Gaumont Film Company e en 1914 converteuse en axudante de director de Gaston Ravel, comezando a dirixir filmes en 1916. Non obstante, a súa carreira foi interrompida por ter que servir o exército belga entre 1917 e 1919. Trala guerra volveu dirixir e construíuse unha reputación como un dos directores máis innovadores do cinema francés.
L'Atlantide (1921) e Crainquebille (1922) foron os primeiros dos seus filmes en conseguir o interese do público e da crítica. Pronto recibiu unha oferta como director artístico nunha nova compañía, Vita Films, en Viena, xunto cun contrato para tres filmes. Realizou L'Image (Das Bildnis) (1923), mais a compañía fracasou e volveu a París.Oxford Companion to Film, ed. por Liz-Anne Bawden (Oxford: Oxford University Press, 1976) p.247. Ademais de dirixir escribiu guións para autores coma Julien Duvivier e Jean Grémillon. O seu último filme mudo en Francia, Les Nouveaux Messieurs, foi prohibido nese país por "insultar a dignidade do parlamento e os seus ministros."International Dictionary of Film and Filmmakers: vol.2: Directors, ed. por Tom Prendergast and Sarah Prendergast; 4th ed. (Chicago, Londres: St James Press, 2000) pp.325-328.
Nese momento Feyder aceptara unha oferta da MGM para traballar en Hollywood, onde o seu primeiro proxecto foi dirixir a Greta Garbo en The Kiss, que supuxo o seu último filme mudo. Algúns dos seus filmes en Hollywood foron versións noutras linguas de filmes estadounidenses, como Anna Christie, de novo con Garbo.
Desilusionado co sistema de Hollywood volveu a Francia en 1933. Nos seguintes anos dirixiu algúns dos seus filmes de máis éxito, todos co guionista Charles Spaak e protagonizados por Françoise Rosay: Le Grand Jeu (1934) e Pension Mimosas (1935) dentro do realismo poético e La Kermesse héroïque (1935), filme de época con resonancias políticas contemporáneas co que gañou varios premios internacionais.
Feyder dirixiu filmes en Inglaterra e Alemaña antes do inicio da segunda guerra mundial, mais con pouco éxito. Trala ocupación nazi de 1940, que levou a prohibir La Kermesse héroïque, abandonou Francia pola seguridade de Suíza, onde dirixiu o seu último filme, Une femme disparaît (1942).Ephraim Katz, The International Film Encyclopedia, (Londres: Macmillan, 1980) p.414.
Filmografía
1915 - Des pieds et des mains (axudante de director) 1916 - Monsieur Pinson policier 1916 - Le Bluff 1916 - Le Pied qui étreint 1916 - Biscot se trompe d'étage 1916 - Têtes de femmes, femmes de tête 1916 - Un conseil d'ami 1916 - L'Homme de compagnie 1916 - Tiens, vous êtes à Poitiers? 1916 - Le Frère de lait 1916 - La Pièce de dix sous 1917 - L'Instinct est maître 1917 - Le Billard cassé 1917 - Le Pardessus de demi-saison 1917 - Abrégeons les formalités 1917 - La Trouvaille de Buchu 1917 - Les Vieilles Femmes de l'hospice 1917 - Le Ravin sans fond (co-director) 1919 - La Faute d'orthographe 1921 - L'Atlantide 1922 - Crainquebille 1925 - Visages d'enfants 1926 - L'Image (Das Bildnis) 1926 - Gribiche 1926 - Carmen 1926 - Au pays du roi lépreux (incompleto) 1928 - Thérèse Raquin 1929 - Les Nouveaux Messieurs 1929 - The Kiss 1930 - Le Spectre vert 1930 - Si l'empereur savait ça 1930 - Olympia (Versión alemá de Si l'empereur savait ça) 1931 - Anna Christie (Versión alemá) 1931 - Daybreak 1931 - Son of India 1934 - Le Grand Jeu 1935 - Pension Mimosas 1935 - La Kermesse héroïque 1936 - Die Klugen Frauen (Versión alemá de La Kermesse héroïque) 1937 - Knight Without Armour 1938 - Les Gens du voyage 1938 - Fahrendes Volk (Versión alemá de Les Gens du voyage) 1939 - La Loi du nord 1942 - Une femme disparaît 1946 - Macadam (supervisor)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Feyder, Jacques e Rosay, Françoise, Le cinéma, notre métier, (Xenebra: A. Skira, 1944). Ford, Charles, Jacques Feyder, (París: Seghers, 1973). Ligazóns externas
Jacques Feyder en Allocine
Categoría:Directores de cinema de Bélxica Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1948