Riccardo Freda, nado en Alexandría (Exipto) o 24 de febreiro de 1909 e finado en Roma o 20 de decembro de 1999 foi un director de cinema italiano.
Traxectoria Freda naceu en Alexandría nunha familia de orixe napolitana. En 1933 abandonou os seus estudos en Milán e entrou no Centro Experimental para a Cinematografía, onde traballou como guionista de directores coma Goffredo Alessandrini e Raffaello Matarazzo. A pesar de ser coñecido polos seus filmes de terror e suspense el prefería os filmes épicos.
A diferenza doutros directores da época, como Mario Bava e Antonio Margheriti, Freda traballou con grandes orzamentos e obtivo grandes resultados. Spartaco (1953) foi un dos primeiros peplums italianos e tamén dirixiu dous filmes da serie de Maciste.
Nunca rematou dous dos filmes de terror que lle asignaron na década de 1950, I Vampiri e Caltiki, mais permitiu ao seu director de cinematografía, Mario Bava que os completase, lanzando a súa carreira como director.
Retirouse do cinema en 1972, mais volveu en 1981 para dirixir o slasher Follia omicida.
Filmografía
In campagna è caduta una stella (1939, dirixido por Eduardo De Filippo) L'avventuriera del piano di sopra (1941, dirixido por Raffaello Matarazzo) Don Cesare di Bazan (1942) Tutta la città canta (1945) Non canto più (1945) Aquila nera (1946) I miserabili (1948) Il cavaliere misterioso (1948) Guarany (1948) O Caçula do Barulho (1949) Il conte Ugolino (1949) Il figlio d'Artagnan (1950) Il tradimento (1951) Vedi Napoli e poi muori (1951) La vendetta di Aquila Nera (1951) La leggenda del piave (1952) Spartaco (1953) Teodora, imperatrice di Bisanzio (1954) Da qui all'eredità (1955) Beatrice Cenci (1956) I vampiri (1957) codirixido con Mario Bava Agguato a Tangeri (1957) Baixo o signo de Roma (1959, dirixido por Guido Brignone) Agi Murad il diavolo bianco (1959) Caltiki – il mostro immortale (1959) codirixido por Mario Bava I giganti della Tessaglia (Gli Argonauti) (1960) I mongoli (1961, dirixido por André De Toth) Maciste alla corte del Gran Khan (1961) Caccia all'uomo (1961) Maciste all'inferno (1962) L'orribile segreto del Dr. Hichcock (1962) Le sette spade del vendicatore (1962) Oro per i Cesari (1963, dirixido por André De Toth) Lo spettro (1963) Il magnifico avventuriero (1963) Giulietta e Romeo (1964) Les Deux orphelines (1965) Coplan FX 18 casse tout (1965) Roger la Honte (1966) Coplan ouvre le feu à Mexico (1967) La morte non conta i dollari (1967) A doppia faccia (1969) La salamandra del deserto (1970) L'iguana dalla lingua di fuoco (1971) Estratto dagli archivi segreti della polizia di una capitale europea (1972) Superhuman (1979) Follia Omicida (1981)
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados en Alexandría Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1999