300px|miniatura|Modelo de calendario do ano 2018 de vacinación aprobado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social de España. O calendario de vacinación infantil é o esquema de inmunizacións que os diferentes sistemas de saúde estatais ou rexionais establecen para a poboación pediátrica, coa fin de protexérena das doenzas que dispoñen de vacina.

Recoméndase que os nenos sexan vacinados tan pronto coma o seu sistema inmune sexa quen de responder á inmunización, coas doses de reforzo que posteriormente sexan precisas.

Vacinación infantil en Galicia En Galicia, o Servizo Galego de Saúde é o organismo encargado de deseñar e configurar o calendario vacinal, conforme ás recomendacións do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e o Ministerio de Sanidade de España.

No ano 2008, o calendario era o seguinte: 100px Calendario de vacinación (2008) 0 meses Hepatite B 2 meses Vacina hexavalente: DTPa, Polio, Hepatite B, Haemophilus influenza B; Meningococo C 4 meses Vacina pentavalente: DTPa, Hepatite B, Hib; Meningococo C 6 meses Vacina hexavalente: DTPa, Polio, Hepatite B, Haemophilus influenza B 15 meses Vacina vírica tripla 18 meses Vacina pentavalente: DTPa, Hepatite B, Hib; Meningococo C 3 anos Vacina vírica tripla 6 anos DTPa 12 anos Varicela 14 anos Td (difteria e tétanos do adulto), Virus do papiloma humano

Notas

Véxase tamén Outros artigos Vacina SERGAS Ligazóns externas Sergas: Calendario de vacinación infantil actual WHO recommendations for routine immunization - summary tables

Categoría:Medicina preventiva Categoría:SERGAS Categoría:Vacinas